La sierra andina

26 de agosto de 2008

Cuando llegamos a Riobamba desde Quito, el pasado lunes, no era muy bueno el animo…

Ya esa noche y las siguientes, hasta el jueves, nos quedamos a dormir en la guarderia de Central Hospital Gatazo, una comunidad en la que MCCH tiene un proyecto agropecuario intenso. Alli hay unos 87 socios que comparten 20 hectareas de terreno para produccion de frejol, maiz, alcachofa, brocoli, guisantes, etc..  Tienen tambien un invernadero para cultivo de tomate, frutilla (fresa) y semilleros.

Unas plantaciones muy cuidadas, estructuradas y ordenadas que muestran la organizacion de la comunidad en este proyecto.

Ademas, en la zona se fomenta la cria de Cuyes..  esos animalitos en España llamados cobayas, que aqui causasn furor gastronomico.  Este roedor es bien preciado por aqui por lo que ademas del consumo familiar tambien se potencia la venta y la enseñanza del proceso a los mas pequeños de la familia, para que en un futuro puedan obtener ingresos extra para sus estudios.

En estas tierras se practica la minga. El prestamo de mano de obra entre familias y vecinos.  Durante nuestros dias alli, por la mañana, bien tempranito y con un megafono, se comunicaban los nombres de los trabajadores y las cosechas del dia.   Asi todo el mundo se conoce y coopera entre si, se agiliza el trabajo y se diversifica.

Tambien tuvimos la suerte de visitar, entre otros, San Miguel de Pumachaca. Frio, viento y una zona desertica que hace la vida diaria dura de verdad. Cuando llegamos, nos recibio la responsable de la comunidad, una mujer indigena, mayor, pero con mucha iniciativa en trabajar por su comunidad.   Al pie de uno de los cerros que rodea este barrio trabajan desde hace 2 meses 750 hombres durante todo el dia con el objetivo de canalizar el agua potable que pasa por la montaña hasta San Miguel y otras 4 comunidades mas.  Una minga impresionante, en filas de a dos, a cavar 18 km de tierra. Calculan tener el trabajo terminado en un mes.

La sierra ha sido sin duda, uno de los lugares que mas nos ha gustado. Por su gente indigena, por sus ganas de trabajar, por su cordialidad…  y por esos parajes espectaculares presididos casi todos por el Chimborazo y otros volcanes.

El frio en los Andes corta las caras de la gente, pero mantienen el corazon caliente.

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Un comentario »

Viaxes da Turmagosto: actualización cronoxeográfica

26 de agosto de 2008

Noticias da Turmagosto, por fin. Estamos no Río de Xaneiro xa, desde o pasado sábado. Aquí temos máis acceso á internet do que ata agora, así que nos próximos días tentaremos describir en máis detalle as experiencias das que aínda non vos falamos. O inciso de hoxe busca só poñer un pouco de orde cronoxeográfica ao acontecido durante as últimas semanas e encaixar nesa liña do tempo e do espazo o xa relatado ata este punto da nosa viaxe. Os últimos escritos que colocamos no blog correspondían ao noso paso polo asentamento Dom Tomás Balduino, no estado de São Paulo, e pola COPAVI, no Paraná. Despois de visitar en São Paulo o Dom Tomás Balduino e a Escola Nacional Florestan Fernandes, tiramos para o sur e chegamos ao Paraná. Tras o pertinente encontro cos responsábeis da Secretaría Estatal, en Curitiba, no que definimos o programa de visitas neste segundo estado do noso itinerario, demos un paseo rápido pola capital paranaense. Na tarde do mesmo día viaxamos en coche con dous militantes do MST ata a Escola Latino Americana de Agroecoloxía, da Vía Campesina, situada a uns 70 quilómetros de distancia da capital, no término municipal de Lapa e nas terras do asentamento Contestado. Ficamos tres días e dúas noites na escola, onde asistimos a algunhas aulas e visitamos algunhas familias asentadas. No terceiro día voltamos para Curitiba e tomamos un bus nocturno ata Foz do Iguaçu, no extremo suroccidental do estado, xusto na fronteira entre Brasil, Paraguai e Arxentina. Alí, continuando coa liña inicial marcada polo noso interese nas experiencias educativas do Movemento Sen Terra, visitamos o ITEPA, Instituto Técnico de Educación e Pesquisa da Reforma Agraria, ubicado no municipio de São Miguel do Iguaçu, a uns 30 quilómetros de Foz. O 4 de agosto, despois de aproveitarmos o paso polo ITEPA para visitar as impresionantes cataratas do río Iguaçu (que actúan como fronteira natural entre Brasil, Paraguai e Arxentina, e fan cumprido honor ao nome do río, que en guaraní significa “augas grandes”), así como o Parque Nacional do Iguaçu, puxemos rumbo ao norte do estado e desprazámonos, de noite como sempre, ata Maringá. De aí continuamos ata Paranacity para visitar a COPAVI. O 8 de agosto, tras a magnífica e proveitosa estadía xa relatada na inesquecíbel Cooperativa Vitória, dispuxémonos a mudar de estado de novo. O noso destino nesta ocasión era Mato Grosso do Sul, co que Paraná linda no seu extremo noroccidental. Na mañá do sábado 9 de agosto chegamos ao municipio de Itaquiraí, onde nada menos que o 80% da poboación son familias asentadas, para visitar o acampamento Santo António. Tras dous días no lugar, que aproveitamos tamén para coñecer parte do asentamento Santa Rosa, continuamos ata a capital sulmatogrossense, Campo Grande. Tras unha nova reunión cos responsábeis da Secretaría Estatal do MST, onde coñecemos un pouco máis polo miúdo a situación do Movemento neste estado no que moran máis cabezas de gando bovino que persoas, aprestámonos a facer turismo por uns días e visitar o ineludíbel Pantanal, previo paso pola localidade de Bonito, cuxo nome constitúe unha boa pista para descubrir os tesouros naturais que a rexión circundante contén. Tras o Pantanal, onde, ademais de ver fauna salvaxe de todo tipo tivemos varias conversas moi “proveitosas” acerca do MST con algúns brasileiros alleos ao Movimento, pasamos unha interesante noite de conversa en Campo Grande con Fátima, da Secretaría Estatal, e o seu compañeiro Rodrigo, que nos acolleron cariñosamente na súa casa. Na mañá do sábado 16 tomamos un autobús ata Belo Horizonte, no estado de Minas Gerais, camiño de Espirito Santo, xa no litoral. Para facer a viaxe, de dous días no total, un pouco máis cómoda, e para non ter que ver Minas Gerais, un estado do tamaño da Francia, só desde o bus, fixemos escala na capital mineira e aproveitamos para achegarnos á vila de Ouro Preto, unha xoia arquitectónica da etapa da invasión portuguesa. O luns 18 chegamos por fin ao litoral, máis en concreto á cidade de Vitória, capital de Espirito Santo. Neste estado asistimos a un acto público contra a criminalización dos movementos sociais celebrado na localidade de São Mateus, no norte do estado, ao que asistiron representantes de diversas autoridades gobernamentais e movementos. Alí fixemos os contactos necesarios para visitar nos seguintes días unha comunidade quilombola da rexión, un preasentamento do MST situado perto da localidade máis meridional de Linhares, no que asistimos en vivo a un tenso incidente que envolveu representante do Incra, técnico do Ibama, facendeiro e acampados, e, finalmente, para coñecer unha aldea de indios tupinikins. Destas comunidades e dos seus problemas coas transnacionais produtoras de papel falarémosvos proximamente. Agora que estamos no Río teremos máis posibilidade de informar polo miúdo sobre todos estes acontecementos que acabo de mencionar. Se cadra mesmo damos colocado algunhas fotos tamén. Como xa vos dixen ao principio, isto non pretende ser máis que un inciso aclaratorio. Aínda que talvez quedou algo longo de máis para chamalo así… En fin, que nos lemos en breve. Apertas para todos.


Viaxes da Turmagosto: Trasmundi existe

12 de agosto de 2008

Darío Xohán Cabana imaxinou sete vales retirados do mundo que albergaban certa sorte de xente mediana que se mantiña oculta para os máis grazas ás súas habilidades máxicas. Naquela sociedade de homiños de orellas picudas e rostro vulpino, sobre a cal quen quixer pode saber máis a través da moito recomendábel novela Fortunato de Trasmundi (que ofrece ademais a posibilidade de viaxar por boa parte do país galego sen saír do sofá), a propiedade privada non existe e os campos de cultivo e as hortas están á disposición de calquera morador que precisar unha leituga e un par de tomates para preparar o xantar. Compártese todo, ninguén pasa fame e os trasmundaos, que non adoitan saír moito da súa patria por causa do carácter individualista e a miúdo pouco amigábel da xente grande, viven felices e tranquilos en medio de moita risada e cunha afección ás veces excesiva por certa bebida producida a partir da fermentación de cereais. Pois ben, a Turmagosto (que, para quen aínda tiver dúbidas, non ten nada que ver con ningunha celebración popular caracterizada polo consumo de castañas e viño) acaba de comprobar que Trasmundi existe. E que non precisa esconderse de ninguén. Máis ben todo o contrario. Non sei de onde Darío Xohán Cabana tirou a idea para o seu libro, mais ben podía ter sido dunha pequena comunidade situada a menos dun quilómetro dos limites de Paranacity, no noroeste do estado brasileiro do Paraná. Alí se sitúa a COPAVI, ou Cooperativa de Produción Agropecuaria Vitória, un asentamento do MST de 15 anos de antigüidade no que 23 familias conviven e xestionan de forma colectiva unha próspera experiencia de produción agrícola. Nun espazo de 256 hectáreas, a COPAVI produce e vende leite, iogurt e derivados da cana (azúcar mascavo e cachaza orgánica principalmente), ademais de diversas froitas e hortalizas que se destinan ao sustento dos moradores do asentamento. O leite véndese, envasado en bolsas do tipo ”barriga mol”, como se denominan na rexión e que na Galiza lembramos como as antecesoras do hoxe omnipresente tetra-brik, para as poboacións circundantes, o azúcar de cana chega a estados como Río de Xaneiro, São Paulo ou Mato Grosso do Sul e a cachaza expórtase á Francia e á España baixo as marcas Camponeses e Liberação, respectivamente. Os moradores do asentamento organízanse sen distinción de sexo para traballar na industria da cana, na caldeira que a alimenta, na leitería, na horta, na liña de ordeña ou no coidado das vacas, das galiñas e dos porcos. Todos almorzan e xantan no comedor comunitario, ninguén traballa máis das oito horas estabelecidas como tope e, cando chegan as cinco da tarde, a comunidade deixa a laboura para se ocupar do que cada quen estimar máis conveniente, na maior parte dos casos dedicarse ás súas polo xeral bastante numerosas familias. Os moitos nenos da COPAVI acoden á escola municipal en turnos de mañá e tarde e reciben ademais aulas impartidas por un educador formado polo MST, tamén morador do asentamento, nas que se segue un modelo político-pedagóxico que fortalece novas formas de desenvolvemento no campo baseadas na xustiza social, na cooperación agrícola, no respecto ao ambiente e na valorización da cultura labrega. O resto do tempo acompañan e axudan aos seus maiores nas labouras agrícolas (dá gusto ver o interese e a soltura con que se desenvolven por noviños que sexan) ou aproveitan os moitos e variopintos espazos que lles ofrece o entorno no que viven para brincar á vontade. Un só ten que velos correr polos prados entre cercas eléctricas, meter os pés, ben protexidos con botas de goma, en pozas e lameiras ou escalar árbores con inusitada axilidade para deterse a pensar un anaco e cuestionar inevitábel e moi severamente o modelo de videoconsola e televisión que impera nos últimos tempos ao outro lado do Atlántico. A Turmagosto asistiu cos pícaros ás aulinhas, como eles se referen ás clases diarias que reciben no asentamento, e non fai falta dicir que o recibimento foi extremadamente cálido e cariñoso e que tanto meninos oriúndos, moitos deles nados na COPAVI mesmo, coma visitantes foráneos disfrutamos como nunca dunha xornada de xogos, carreiras e saltos.

No total foron catro días os que pasamos na COPAVI. Chegamos o martes 5 de agosto procedentes de Foz do Iguaçu, vía Maringá (desculpai o caos cronolóxico; estamos a 12 e aínda resta por contarvos a chegada da Turmagosto no Paraná… e xa andamos por Mato Grosso do Sul!). Paranacity recibiunos cunha treboada das que meten medo, e falo literalmente, axiña vos conto por que. Antes de iniciar a breve camiñada ata a COPAVI, seguindo as indicacións que Valmir, presidente da Cooperativa, nos tiña dado a tarde anterior por teléfono, procuramos un lanhouse, ou locutorio de internet, para nos resgardar do diluvio e aproveitar para poñer ao día o noso diario de viaxe neste blog, onde non se sabía nada de nós desde a visita en São Paulo ao asentamento Dom Tomás Balduino. Comprometidos con esta forma de comunicación, un dos aspectos positivos que podemos tirar da globalización, comezamos a viaxe co obxectivo firme de informar das nosas andainas coa maior regularidade posíbel. Non chegamos a dicir aquilo de “que nos parta un raio se non o facemos”, e ben bo que foi non facelo, porque pouco lle faltou… Estaba a Alba redactando e os Borja e Jacobo na porta do lanhouse abraiados ante a forza do trebón e os moitos litros por metro cadrado que estaban a caer, cando, no medio mesmo da principal avenida de Paranacity, a escasos cincuenta metros de nós, un raio bateu entre chispas nun poste eléctrico e deixou toda a vila sen luz durante uns segundos. Aí morreron os computadores todos do locutorio e frustrouse o noso intento de completar unha nova entrega das nosas viaxes. Amainou un pouco a tormenta e, en vista de que os ordenatas non querían arrancar, retomamos o camiño cara a COPAVI. Aí chegou a nosa seguinte sorpresa. Dun bar a carón da rúa alguén berrou os nosos nomes, perfectamente pronunciados en castelán, se ben cun acento que resultou estraño nun primeiro momento mais que axiña se deixou identificar como catalán en canto o tipo que nos chamara volveu falar. Era o Sergi, un rapaz de Manresa que veu para o Brasil en 2004 para coñecer o MST e que gostou tanto del que aquí segue. Agora mora e traballa na COPAVI e espera que, despois dun período a proba de varios meses, o asentamento aprobe en asemblea a súa incorporación definitiva á comunidade. Tras convidarnos a unha cervexiña de benvida, o amábel Sergi guiounos ata o asentamento, presentounos aos moradores, que xa esperaban a nosa chegada, e mostrounos durante o primeiro día as instalacións e terras da COPAVI. Deunos pousada Francisco Strozake, pai do Valmir e máis coñecido como Chicão, un dos fundadores do asentamento. El falounos de como o Incra expropiou en 1988 aquel pedazo de terra por ser improdutivo, de como o propietario recorreu á xustiza e detivo o proceso ata 1992, cando os xuíces decidiron a favor do Instituto Nacional de Colonización e Reforma Agraria e deixaron o camiño libre para a legalización do asentamento por parte do órgano gobernamental. Para entón, o MST, en vista do reducido tamaño da área conquistada e da mala calidade da terra, xa tiña decidido formar alí unha cooperativa. Constituída en principio por 12 familias, a COPAVI botou a andar o 10 de xullo de 1993, entre os receos e a animosidade inicial dos habitantes da rexión, co único apoio do padre Zezinho en Paranacity e doutro relixioso, membro da Comisión Pastoral da Terra e residente na localidade veciña de Cruzeiro, alén dalgúns militantes do Partido dos Traballadores (PT) da zona. Nunha área que anteriormente non se tiña empregado para outra cousa que non fose producir cana, os asentados comezaron a cultivar urucum, algodón e a criar galiñas. Coa legalización por parte do Incra chegaron as axudas económicas que se conceden a través do Procera, programa federal de créditos para asentados. Deuse prioridade á construción das infraestruturas necesarias para a posta en marcha da cooperativa por diante das vivendas dos moradores, e así foron chegando a cerca delimitadora da parcela, as cabezas de gando bovino e o tractor. Posteriormente comprouse unha primeira máquina de moer cana e, despois dalgún intento infrutuoso e previo paso dun dos asentados por un curso de produción de azúcar, púxose en marcha a hoxe florecente industria de azúcar mascavo ecolóxico da cooperativa Vitória, que constitúe un dos pilares do seu éxito.

Seu Chicão falounos tamén de como os asentados foron gañando paseniñamente o recoñecemento e o respecto da rexión, un proceso no que tivo un especial protagonismo o equipo de fútbol da cooperativa, que, alén de conquistar varios torneos locais, distinguiuse sempre pola súa deportividade, un capítulo no que monopolizaba os premios todos. A través do noso amábel e experimentado anfitrión soubemos da estrutura do asentamento, que, segundo o modelo do MST, se organiza en dous núcleos de base, dunhas dez familias cada un, que moran nas dúas rúas que forman a agrovila. Na zona central do asentamento, pasada a zona de vivendas, atópanse a cociña e o comedor, ademais dos edificios administrativos e aqueles que albergan as industrias de derivados de cana e de leite. Os compoñentes dos núcleos de base, que contan sempre cunha coordinadora e un coordinador, distribúense en sectores que xestionan o funcionamento da comunidade: produción, comunicación, industria, comercio, saúde, educación, pecuaria… Un equipo social, que no caso da Vitória conta coa asistencia dunha psicóloga contratada, ocúpase dos problemas de convivencia que puideren xurdir. Na COPAVI, a agresión física e o roubo pénanse coa expulsión. En caso de ofensa verbal, o agresor é amonestado e, se reincidir dúas veces, expulsado do asentamento. Os coordinadores dos diferentes sectores e dos núcleos de base forman o Consello, que se reúne unha vez por semana ou cando for preciso, analiza os problemas da comunidade e propón solucións. O órgano decisorio da Vitória é a asemblea, da que forman parte, sen distincións xerárquicas, todas e todos os asentados maiores de idade, e que se reúne como mínimo unha vez ao mes para a prestación de contas. Nada na COPAVI se fai sen a aprobación da asemblea.

A cuestión política nunca se descoida e un dos asentados fica liberado para o traballo cos asentamentos cercanos e co MST en xeral. Seu Chicão desempeñou esta función durante 9 anos, antes de que o cargo pasase a Antonio Soares, alcumado Sacola, quen na actualidade cumpre o seu segundo mandato como vereador (concelleiro) polo PT no término municipal de Paranacity. A liberada política da Vitória hoxe é a Solange, que, por certo, é mai do Cristiano, o rapaz que nos recibiu na nosa visita á Escola Nacional Florestan Fernandes e nos mostrou o recinto educativo. O Cristiano é un dos xoves criados na COPAVI que se está a formar en escolas do MST. Xunto con outros dos educandos do asentamento, que cursan licenciaturas como Agroecoloxía ou Pedagoxía, o mozo volve á COPAVI periodicamente para aplicar os coñecementos aprendidos, segundo o sistema de alternancia que o Movemento emprega nos seus centros aducativos e universidades coas que ten convenio.

 En resumo, que a loita pola Reforma Agraria funciona. Talvez esixa muito tempo e esforzo, mais no final dá certo. Nos acampamentos que visitamos tras deixar a Vitória, dos que vos falaremos en novas e esperamos que próximas entregas das Viaxes da Turmagosto, non podemos evitar transmitir o noso optimismo aos acampados, que se atopan nunha etapa anterior da conquista da terra e que, comprensibelmente, tenden en moitos casos a adoptar unha postura próxima ao “mentres non o vexa non o creo”. A Cooperativa de Produción Agropecuaria Vitória, unha sorte de realización da utopía comunista con enderezo postal (a pesar de que non lle queda outra que interaccionar co sistema capitalista para sobrevivir), é a proba. Que lle pregunten ao Sergi se non. Ou aos humildes integrantes da Turmagosto, a quen custou deus e axuda decidirse a saír de alí e continuar ruta. Hai luz no fin do túnel. Trasmundi existe.

Nenhum de nós é tão bom quanto todos nós juntos

P.D.: Podedes ler máis sobre a Cooperativa Vitória na edición dixital da revista Piauí, en http://www.revistapiaui.com.br/artigo.aspx?id=648&pag=4&anteriores=1&anterior=62008.


Las comunidades de Junin

10 de agosto de 2008

Desde el lunes pasado, que llegamos a la provincia de Manabi, hemos estado recorriendo diferentes comunidades con las que Maquita (MCCH) tiene proyectos, tambien en colaboracion con Amarante.

Aquí, en Portoviejo, conocimos a Euclides, ingeniero de la Fundacion y quien nos ha estado explicando el funcionamiento de todo esto. Es una persona de esas que te apetece escuchar constantemente, muy atento y claro en sus ideas.

Con él y Fernanda, la directora de Amarante, junto con otros voluntarios, visitamos las comunidades de El Algodon, Guayabales, Andarieles, Cañas, Las Piedras y Balsa Tumbada. En todas ellas tuvimos una reunion inicial con los socios de las organizaciones y, en ocasiones, tambien pequeños debates sobre temas de producción agricola, convivencia y género, (tema este último algo tabu que queda muy al descubierto al escuchar, si hay la oportunidad, a las mujeres que se animan a participar).

Una semana bastante ocupada para intentar no dejarnos a nadie por el camino. Salimos temprano por la mañana, a eso de las 7.15am (alguna vez a las 6.30am) para volver a media tarde, muy cansados y con ganas de una almohada y una ducha urgente después de morder el polvo en el pick up de la Fundacion.

Es cierto, en cambio, que durante el dia lo pasamos muy entretenidos y bien alimentados. Alli, en las comunidades, algunas mujeres de las organizaciones preparan buena comida, tradicional y con productos de cosecha propia en su mayoría.
Hemos comido pollo y arroz a diario con platano verde en todas sus variedades: asado, frito, en sopa, etc… y pescado y yuca con zumo de naranja, casi siempre, para beber. La cocina se hace a fuego de leña y todo el proceso de forma manual. Las raciones son enormes y muy energeticas aunque hay alguno por aquí que arrasa con el plato sin problema.. ;)

En las areas rurales abundan las casas hechas de caña y madera, casi todas construidas a unos metros de altura para dividir espacios y aislar el hogar de los animales.

El jueves, Chus y yo, tuvimos la oportunidad de quedarnos a pasar la noche en Cañas. Alli nos recibieron dos familias que fueron muy hospitalarias y con las que después de intercambiar experiencias entre nosotras, confirmamos que hay muchas leyendas callejeras sobre los españoles y su manera de ser.

Ya por la noche nos acostamos con los aullidos de los monos que viven en los cerros mas próximos y yo, al menos, desperte varias veces creyendo que era ya de dia; y es que aquí los gallos son unos “mal criados” y cantan no solo al amanecer sino también a las 2, a las 3, a las 4 de la mañana y a cualquier hora del dia…

Esta mañana hemos estado en la primera Feria por la recuperacion de la cultura montubia, donde todas las comunidades participantes representaron bailes y escenografias, y ofrecieron una degustacion de la gastronomia de hace años: pan de frutas, licor de cacao, turron, jugo de maíz, etc… Unas 300 personas en el evento. Seguro y ojala que sea el inicio de una nueva festividad.
Mañana tenemos el dia libre. Queremos acercarnos a algún pueblecito de la costa para ver esas playas de las que tanto hablan los manabitas. Saldremos por la mañana a Manta para volver por la tarde a Portoviejo y viajar durante la noche a la ciudad de Quito. Sera desde allí donde os volvamos a contar como va nuestra Xanela, que cada dia se hace mas grande.

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | 2 comentarios »

Desde Cuenca

3 de agosto de 2008

Ya damos señales de vida… ;)

Desde que llegamos el pasado martes a Guayaquil, no hemos parado una hora sentadas en una silla XD.
Al llegar nos recibieron compañeros de MCCH y fueron ellos, Gimmy concretamente, quien trabaja como contable para la Fundacion, quien nos ha estado enseñando los proyectos que tienen por aqui.

El miercoles visitamos las oficinas centrales de la ciudad. Alli hay un centro de acopio y secado del cacao que se recibe de las areas de alrededor. Tuvimos tambien la oportunidad de conocer a Cesar, la persona encargada de la parte comercial, de las exportaciones, de pactar los precios de mercado con los clientes, etc..

MCCH, Guayaquil. Centro de acopio.

Ya el jueves viajamos al sur, a la provincia de El Oro. Alli, junto con otro compañero pudimos acercarnos a algunas plantaciones de cacao y banano, y vimos tambien y nos explicaron la forma de cosecha (recogida del fruto) y algunas diferencias entre calidades y tipo de semillas.

Este fin de semana nos hemos escapado a Cuenca. Es una ciudad pequeña pero bonita, al pie del rio y con una gastronomia muy muy rica. Ayer visitamos el Parque Natural de Cajas, donde parte el 80% del agua potable que llega a la poblacion cuencana y que por ello esta protegido. Mantiene algunas de las especies autoctonas de la zona, tanto animales como vegetales.
A 4000 metros de altitud, el mal de altura se hizo notar levemente. Solo al caminar 200m te notabas fatigado y algo mareado, pero enseguida el cuerpo se aclimata y el frio intenso se va en cuanto empezamos la ruta, de unas 3 horas a pie, por montañas, valles y lagunas.

En 10 minutos regresamos a Guayaquil para pasar la noche en una casa de retiro, donde hemos estado alojadas estos dias atras. Es un recinto fantastico, super tranquilo, a las afueras de la ciudad, que forma parte de una congregacion religiosa femenina.

El plan para mañana es salir para la provincia de Manabi. Intentaremos escribir desde alli en cuanto podamos y colgar alguna de las muchas fotos que vamos haciendo ;)

Un saludo al resto de compañeros de Xanela y a todos los que nos seguis por aqui ;)

L.

Publicado na categoría Fundación MCCH | Enriba | Deixa un comentario »

Grupo Xullo; Episodio IV.

31 de xullo de 2008

        EN UNA GALAXIA… MUY MUY LEJANA… LAS FUERZAS DEL EMPERADOR ARACRUZ CELULOSA SIGUEN HOSTIGANDO A LA RESISTENCIA…

         Siguen os días no Norte do Estado de Espíritu Santo. Facendo transbordos cun coche alquilado, hoxe dirixímonos a visitar as comunidades quilombolas. O longo da Historia do Brasil, a escravitude estivo moi presente, e Portugal forneceu de man de obra escrava todo Brasil. Chegaban en barco onde moitos morrían na travesía, e Edivaldo ensinounos en San Matheus o porto de desembarque no río, que hoxe está deserto pero iso dalle unha atmósfera inigualable para a reflexión. A calzada feita  polos propios escrabos e unha placa conmemorativa, rematan o cuadro. Na placa, son reconhecidas un grupo de prostitutas que loitaron por preservar o conxunto Histórico, dunha remodelación urbanística que borraría parte da memoria colectiva da cidade.

         Moita sangue correu por estas terras, sangue alléa a este continente; persoas que se refuxiaron nas súas crenzas e culturas, xerando novas relixións como o Candomblé ou expresións culturais coma a capoeira, ritmos e músicas novas que perviven hoxe. Alén disto, non debemos esquecer as historias de desesperación, onde moitas persoas deixáronse morrer de fame, mataron os seus recén nacidos ou fuxiron.

        De entre estes fuxidos, fóronse establecendo “quilombos ou palenques” extendéndose por zonas pouco accesibles. Para facernos unha idea, no Nordeste formouse un que sobreviviu arredor de 100 anos; especialistas na guerra de guerrillas, ben organizados e liderados, repeleron os continuos ataques dos portugueses.

        No 1888 chegou a abolición da escravitude. Moitas destas comunidades xa estaban establecidas e perviven hoxe en día, cun xeito de vida en consonancia co medio natural, fan unha agricultura de autoconsumo, organizan as súas escolas e buscan a maneira de vivir de acordo as súas crenzas. De forma parecida a como sucedera cos indios guaranís-tupiriquís, Aracruz celulosa puxo os ollos nas terras destas comunidades e comezaron os atropelos. Hai que sinalar que estas terras non tenhen divisións nin lindes, son traballadas familiarmente o longo de xeracións sin títulos de propiedade.

         Terras que aparecían vendidas, firmadas por persoas que non sabían ler nin escrivir; algún membro da familia que vendía un pedazo que decía que lle correspondía, pero que no papel Aracruz aumentaba a súa vontade; lideranzas da comunidade sobornadas para axilizar o proceso; coaccións, mentiras, presións… moitos venderon, e foron a engrosar as favelas que rodean todas as cidades brasileiras. Triste destino cando pensaban que estaban collendo a oportunidade  da súa vida.

         Aparecida é unha lideranza da Comunidade Quilombola Linharinha. È mestra na escola e nai de dúas pequechas que  fan de imáns para nós; os nosos colos están preparados ;-p    Ela contounos a Historia da comunidade, a resistencia co apoio do MST, e as reclamacións de terras. Neste caso están pouco avanzadas, ainda que está feito o estudo que demostra que toda a zona foi un asentamento Quilombola. Unha das probas, destapou unha Historia ben bonita os nosos ollos. Estas sociedades, non tenhen cemiterios como nós os concebimos; pola contra, eles creen que a Terra é a Vida, a “Mai Terra”. Así cando falece alguén, é metido nunha pecio de cerámica con forma de ánfora ou gran barril, e o corpo é depositado encollido en posición fetal, tal como estaba no ventre da nai no seu orixe. Fumos a visitar o cemiterio desta comunidade quilombola, no que medran hoxe algúns centos de eucaliptos. Unha tristeza.

        Cando chegou Aracruz á zona, 10 mil familias  moraban nas comunidades quilombolas. No ano 2002 había 1500 familias e agora volven a aumentar, pero o problema está en que xa non tenhen terreo para expandirse e están cercados polo monocultivo de eucalipto.

        Despois de esta experiencia, collemos rumbo á Escola María Olinda, inaugurada no ano 94. Foi establecida no terreo dun asentamento, e alí fanse diversos cursos para formar as persoas dos asentamentos. Tenhen diferentes plantacións, e fan as súas probas para ver cómo medran as distintas especies xuntas, cómo combater as pragas da mellor maneira, recuperar cepas autóctonas e ensaian diferentes regadíos.

       Este foi un día especial para todos. Moi emotivo xa que o grupo íase desfacer. Maitane, unha das rapazas vascas, viaxaba no día seguinte para Sao Paulo-Bilbo; e eu, cara Minas Gerais. Terminaba o período de conhecemento grupal do MST, pero terminaba nun punto seguido. En Belo Horizonte contactei de novo co MAB (Movemento de Atingidos per Barragems) e sei que os meus companheiros, na súa viaxe cara Salvador de Bahía, conviviron nun acampamento dous días para eles inesquecibles, e que tenhen que relatar!!!! neste espacio.

         Así que nada, estas son as pequenas historias e as grandes vidas, de moitas persoas o longo do noso Planeta. Non descarto falar do que aconteza nun futuro próximo ata que suba o avión de novo en Sao Paulo. E négome a non mencionar que estas loitas están a ocorrer en moitas partes do Mundo, onde os poderes que nós votamos, mantemos cos nosos cartos no banco, e apoiamos sen conhecemento de causa, están a expulsar a comunidades campesinhas das súas terras para apropiarse  dos recursos naturais. Un amigo enviou este enlace http://www.youtube.com/watch?v=NYZG6blQOsE da situación que están a vivir en México, e onde a presencia de denuncia internacional faise tristemente necesaria.

           “Globalicemos a luita… Globalicemos a esperanza…”


Grupo Xullo; Episodio III

30 de xullo de 2008

Rio de Janeiro xa é Historia, agora medio adormilados polo bus. Nestas noites adoitamos sufrir amagos de conxelación na primeira parte da viaxe, debido ó aire acondicionado; e despelote a medio sobar, cando Afonso se lle queixa ó motorista de que vai moito frío, e éste mete a calefacción. Todo isto conmigo falando en sonhos, Afonso espertando e agarrándome no medio dun pesadelo… están tolos estos galegos.

         Chegamos a Vitoria, capital do estado de Espíritu Santo. Como sempre, ven a recollernos alguén do movemento que se enterou da nosa chegada o día anterior (ainda que saben os nosos plans dende hai semanas). Chámase Paulo Mansan, alto e fornido, ten pinta dun Ché a moderna, con coleta e media barba. Non tardou en ponhernos o tanto de todo, acompanharnos nos transbordos ata chegar o noso aloxamento algo afastado do centro, e narrar algúns paus levados pola policía montada a cabalo.

        Foi casualidade que estaban a celebrar unha xuntanza do MST a nivel Sudeste (estados de Sao Paulo, Rio de Janeiro, Minas Gerais y Espíritu Santo). Cal non sería a nosa sorpresa que alí estaban persoas que conhecéramos no primeiro asentamento, na Escola Florestan Fernandes… xa somos conhecidos en boa parte do Brasil!!! isto de atopar conhecidos é moi bacana!!!

         Alí reunímonos con Paulo, Lia (conhecida doutros anos de “xanela aberta”) e Edivaldo, que nos acompanharía na viaxe os próximos días. Falamos en corro como sempre, do divino  e do humano, do MST e características neste Estado, un dos máis afectados polo monocultivo de eucalipto , ca empresa Aracruz celulosa como protagonista indiscutible.

          No día seguinte (algún do grupo cun proceso gripal de cabalo), visitamos as comunidades indíxenas Tupí-Guarani. Estos grupos indíxenas, orixinariamente eran do Sur do Brasil, Paraguay… pero tras sufrir diversas presións, matanzas para falar claro, foron dispersados e un grupo estableceuse no Espíritu Santo dende o século XVIII. Alí, rodeados de MAta Atlántica seguiron a convivir cos seus principios de respeto á natureza, aproveitando o seu entorno, cun modo de vida digno e alimentación basada na caza, pesca e recolección. Cando Aracruz celulosa puxo os ollos nesta zona, anos 70′ e dictadura militar no contexto, comezou o conflicto. Dixeron que non había indios neste Estado, logo que foran introducidos para evitar o progreso, tentaron compralos sobornando a líderes tribais, enfrentándoos e talando todo o seu xeito de vida. Comezou o desmatamento da Mata Atlántica. Agora viven en xaulas de eucalipto. Fan artesanías que venden os turístas, cultivan algo de mandioca e café para subsistir, e son apoiados polo MST nas súas reclamacións de devolucións de terras.

        Este proceso vai abanzando, agora foron devoltas pra eles ata ter un total de 18 mil hectáreas. A trampa é que tiveron que comprometerse a non loitar nunca máis contra Aracruz, non reclamar máis os seus dereitos, e Aracruz ten dereito a madeira de eucalipto de toda a zona. Isto significa que arrasaran co eucalipto, pero ficarán as raices que so saen con maquinaria pesada (da que os indios non disponhen) que rebrotarán. A intención destas 3 comunidades guaranís e 4 tupiriquis, é repobrar a Mata Atlántica, pero isto levará varias xeracións.

      Isto encheunos de moita tristura. Despois dirixímonos a conhecer as comunidades quilombolas, no norte do Estado. Pero isa será outra Historia. Xa estamos en San Matheus regateando precios e atopando o Hotal Francia, por 5 euros é un lugar tamén para non esquecer. Aprovisionámonos de antibióticos e xaropes na farmacia e droguerías do lugar, e imos descansar co ventilador a piques de caer, cual espada de Damocles sobre as nosas cabezas. 

        Imos embora. Até


Un día no Asentamento de Don Tomás Balduíno.

30 de xullo de 2008

Este asentamento, recoñecido dende o 2006 (dende o 2000 acampamento), toma nome dun bispo da pastoral da terra, acolle a 62 familias ó longo dunha grande extensión de terra e foi posiblemente, e ata o momento, a experiencia máis humana das vividas, o que non quere dicir que as outras non fosen humanas nin intensas.

Todo comezou baixando do bus, cando o motorista (condutor) nos sinalou a tres mulleres como referencia que tamén se achegaban ó asentamento. Pronto buscamos a comunicación con elas por medio do noso coordinador, un verdadeiro filón en canto a idiomas que nos evita en máis dunha ocasión as confusións e o despiste o ter un perfecto control do idioma.

As mulleres informáronnos, tras facer unhas chamadas telefónicas, de que ningún dos contactos que tiñamos estarían presentes (dous estaban de viaxe e un xa non vivía alí). Eso, fóra de ser un impedimento, foi un golpe de fortuna, dado que unha delas enseguida se fixo responsable de nós, e tras esperar infructuosamente o bus escolar para achegarnos ó asentamento, que realmente quedaba lonxe, iniciamos o duro traxecto cun sol de xustiza azotándonos, amenizado cunha conversación ben natural e proveitosa.

María Betonia, que así se chamaba a señora, foinos explicando todas as vivencias que tiveran ate chegar ó benestar do que gozaban actualmente, cómo se organizaba o asentamento, o tipo de construcións que se fixeran… amosando un verdadeiro coñecemento sobre o contexto e a realidade na que se asentaba. Segundo iamos andando, a súa preocupación por nós percibíase, e nos facía o camiño proveitoso, parando nas casas dos veciños, animándoos a que nos ensinaran os seus emplazamentos e a que falaran con nós sobre as súas vivencias mentres ela tomaba un auga. Paramos nunha edificación abovedada, da que todo o vecindario estaba orgulloso, cuxa muller da casa reseñaba ser unha muller provinte de moitos lados mentre o home co seu fillo maior levantaban un pilar de madeira duns tres metros aproximadamente e os pequechos xogaban na terra que logo utilizarían para finalizar a obra na que xa estaban a facer vida. Nos falaba tamén a mai cómo o seu fillo nacera no centro desa propia casa, con dificultades e prematuramente, e logo víamos como con sete meses se desenrrolaba nas proximidades da súa vivenda.

Máis tarde María Betania nos relataba outra conmovedora historia sobre un home que calificaba de boa persoa e moi colaborador coa comunidade. Este home tiña case terminada a súa casa e axudara á construcción das dos seus veciños, máis unha enfermidade lle foi deteriorando ante a súa negativa a abandonala para ir a un hospital debido a que por fin tiña unha casa, despois de toda unha vida loitando. Ainda non a habitara, vivía nun barracón e alí pasou os seus últimos días de vida encerrado, ata que os seus veciños lle tiraron a porta e o levaron o hospital nun estado grave, dado que xa nin sequera falaba. Ó pouco, morreu de tuberculose sen poder vivir nen un día na casa que construira.

Por último, Betania comentounos o duro que era vivir no acampamento, e cómo unha veciña tivo que asistir máis dun ano a un psicólogo, pois non aturaba a presión de loitar por un terreo.

Estas historias conmovéronos, mais a súa non deixaba de ser menos conmovedora, e esta a vivimos máis directamente, a vimos cos nosos ollos, pois no camiño decidiu que quedábamos a comer na súa casa e que se queríamos, poderíamos quedar a durmir na súa casa, “así podíamos falar un pouco”.

Era conmovedor ver cómo ensinaban con orgullo a súa casa, a súa propiedade, unha propiedade que calquera que vive no noso día a día non valoraría nin a milésima parte do que eles. A casa estaba chea de nenos e nenas, os seus (4) máis os da veciña, que nos lembrou a vida que se facía na época dos nosos avós, na que as casas nunca estaban pechadas e os veciños entrabamos nas casas uns dos outros.

No camiño á súa casa, María Betania comentábanos que era o cumpleanos da súa filla Gabriela, que cumplía dezaseis anos, e polo que puidemos comprobar, nós debimos ser o regalo dese día. Nós, impotentes, revisamos as mochilas e regalámoslle a camiseta de un de nós, o único que tiñamos para regalarlle.

O home da Betania mostrounos orgulloso o sistema de sumidoiro que está a construír no seu lote de terra e que permite utilizar as augas residuais da casa como abono para as hortas. Os fillos amosáronnos os seus xoguetes, construídos polo pai, e apropiáronse das nosas cámaras fotográficas para retratarse, retratar os veciños e todo o entorno. As nenas dos veciños tamén buscaban a nosa colaboración para os seus xogos, e abofé que nos entregamos a todos eles ata acabar exhaustos.

Pola tarde, capitaneados pola irmá maior, a do cumpreanos, os nenos amosáronnos as zonas comunais: secretaría, anfiteatro e un vivero pedagóxico, que levaba un dos veciños e ademais de ser para os propios veciños, se vendía cara ó exterior. Marcounos ver e comprobar en conversas, cómo o traballo cooperativo fora a menos ó dividirse as terras, cómo cada un traballaba a súa propiedade, cómo incluso vivía un veciño crítico co MST, que non participaba das súas ideas, mais aproveitaba as súas vantaxes.

Xa na noitinha reunímonos todos no porche da casa familiar: a capoeira, o español e as conversacións sucedéronse ata que tocamos fondo e os nosos corpos non deron máis. Curiosamente foi o único momento no que nos puidemos xuntar todos, xa que na comida comimos por tempos, non había suficientes pratos e primeiro nós, logo os fillos, logo o home e logo a muller fumos comendo nese orde. Por último, fumos a durmir, entre sacos de cemento, tubos e demáis, dado que a familia de Betonia, ó non existir un almacén onde deixar o material de construcción das edificacións, se prestou a que a súa sala fora un almacén.

A mañá seguinte foi a despedida, e a aventura no Brasilia do 79 de Manuel, un veciño ó que convenceu o pai de familia para que nos achegara xa que chegabamos tarde ó bus para chegar posteriormente a reunión na secretaría do MST. Manuel foi un personaxe que en cinco minutos moi gráficamente nos mostrou cómo se vivía alí, nun coche que botaba fume para dentro, que apagaba nas costas abaixo para non matarnos co fume e do que estaba orgulloso: o único dos cinco coches que lle resistira e o único que nos días de choiva subía as costas.

Foi unha experiencia como outras anteriores e outras que esperamos, nas que no momento que menos esperas, e cando cres que a viaxe finalizou derrepente, outra nova historia acontece, curiosa, cómica, simpática e moi natural, que nos fai pensar en si os valores que mantemos nas nosas vidas nos dirixen cara a felicidade ou pola contra, perdemos humanidade a cada paso.


A golpe de feixóns e kilómetros

30 de xullo de 2008

Tra-la experiencia do Florestan Fernandes, voltamos ó Cepatec, aloxamento base onde deixaramos as mochilas anteriormente desta viaxe. A nosa idea era relaxarnos e reflexionar individual e colectivamente sobre esa intensa experiencia da fin de semana, mais non foi asĩ. A oferta de ir a superintendencia do INCRA (Instituto Nacional de Colonización e Reforma Agraria) en Sao Paulo non a puidemos rexeitar, e tra-la cena alí fumos a comprobar cómo a mellor forma de facer ruído é ir direitamente ás administracións. Impresionounos cómo tiñan ocupado un edificio similar ó da Xunta en Coruña (por poñer un exemplo), cómo levaban unha semana e fixeran dunha oficina de atención ó cidadán, unha cociña, e cómo respetaban as persoas maiores e os nenos dándolle prioridade no elevador (ascensor), cómo mantiñan un exhaustivo horario de comidas, e cómo mantiñan a limpeza lembrando que as colillas se tiraban no seu sitio.

No garaxe tiñan un concerto con bailadora de claquet incluído, mostrando que a loita non está ó marxe de expresións artísticas de calidade, e esta situación acompañada da colaboración do resto dos espectadores-participantes na festa-manifestación, ante unha situación que nos conmovía, conseguían irradiarnos alegría, esperanza e roubarnos un sorriso.

Cando nos fumos, nos comentaron que levaban unha semana, que decidirían se seguir ó día seguinte e que, en todo momento, negociaban cos traballadores dese edificio administrativo (encargado dos temas de reforma agraria) a forma de compatibilizar protesta deles e traballo por parte dos traballadores, cuias oficinas se mantiñan intactas. Nos pareceu unha magnífica forma de presión, dado que diante súa os traballadores, ademais de papeis, tiñan as persoas que daban nome a esos papeis, cara e voz a unhas letras que para os traballadores podían ser rutinarias pero para os alí presentes nesa reivindicación significaba moito: máis de mil familias do estado de Sao Paulo que estaban esperando a que se lles recoñecese a propiedade da terra que estaban ocupando.


Visita á Escola Nacional Florestan Fernandes

30 de xullo de 2008

Fin de semana longo e intenso. O sábado 26 de xullo, cedinho pola manhá, saímos para a Escola Nacional Florestan Fernandes, a unha hora de São Paulo. A escola, que toma o seu nome dun sociólogo e deputado brasileiro cuxa traxectoria vital foi a dun home que se fixo a si mesmo a pesar das adversidades, construíuse entre 2000 e 2005 por medio de brigadas de traballadores voluntarios. Organizadas en estadías de dous o tres meses, as brigadas foron erixindo un centro educativo que conta con varios barracóns capaces de albergar a cerca de 300 persoas, alén de dous auditorios, unha biblioteca con máis de 12.000 títulos, videoteca, instalacións deportivas, sala de ordenadores, comedor… Na escola lévanse a cabo cursos de formación en Teoría política da América Latina e cursos en diversas materias que se organizan en colaboración con varias universidades e co apoio do PRONERA (Programa Nacional de Educación para a Reforma Agraria). Todos os moradores da escola, tanto os educandos como os integrantes da brigada permanente responsable da súa xestión, colaboran no funcionamento do centro e se turnan para realizar durante a semana as actividades necesarias para o seu mantemento. Son eles quen toman coidado das hortas e dos animais, cocinhan e mantenhen limpo o recinto. Desta forma, a escola aproveita ao máximo os recursos humanos dos que dispón e fomenta entre os seus educandos unha formación integral na que se equipara o traballo intelectual co manual.

A visita durou dous días e tivemos a sorte de que coincidise co aniversario do fallido asalto ao cuartel Moncada por parte dun grupo de homes e mulleres comandados por Fidel Castro en 1953, no preludio da Revolución Cubana, así que na escola se conmemorou a efeméride cun emotivo acto ao que asistimos delegacións de dezaoito países. A xornada completouse cun concerto dun grupo chileno que deu paso a unha festa que se foi animando a medida que avanzaba a noite e na que non importou que os equipos de música tivesen que deixar de soar chegada a unha da madrugada… Neste país basta cun par de instrumentos de percusión e algunhas botellas de cachaça para que a esmorga arranque e non tenha fin…


Seguinte páxina »