Unha aposta por Tánxer
3 xullo 2008A só uns días de emprender a nosa viaxe cara a Tánxer, capital do norde no reino alauí, as cinco participantes desta edición do Xanela Aberta ao Sur estamos entusiasmadas coa idea de coñecer unha realidade nova, tan pertiña e tan lonxana á vez, tan veciña como allea, tan absorvida por ese maremagnun de culturas, falas e historias comúns, dificultades e loitas cotiás… un maremagnun que convirte á cidade na única de África na que pola mañán bañaste nas ondas do Atlántico e polo serán nas do Mediterráneo.
Nesta nova viaxe á Tanxer, as cinco mulleres do grupo de Amarante que viaxamos para coñecer a realidade das mulleres da Asociación Attawassoul (tres galegas e dúas polacas) constituimos un grupo multidisciplinar de estudos cos que nos achegar á realidade da muller marroquí, procedente do rural e empregada nos talleres do téxtil de Tánxer, zona franca.
Anna, polaca de procedencia, de 25 anos, é licenciada en psicoloxía, de igual xeito que Marta, tamén polaca, de 22 anos. Raquel B, da Coruña, é traballadora social, está a se licenciar en Socioloxía e ademáis é monitora de Tempo Libre. Montse, de Vigo, mestra de danza e licenciada en Socioloxía e Raquel Q. de Compostela e licenciada en Ciencias Políticas.
Ao longo destes días, mentras dure a nosa estadía en Tánxer irémosvos contando as nosas experiencias e vivencias coas mulleres da Asociación e de outras das que, (por ficar amordazadas nun sistema dictatorial que ocupa o posto 125 no ráking do Indice de Desenvolvemento Humano do PNUD) seremos voceiras.
Unídevos a facer comentarios neste blog como nos dos compañeiros/as dos grupos de Brasil e Ecuador.
Unha aperta!
Raquel Q.