Trotamundeando
10 xullo 2008Saímos por fin de Sao Paulo, quedamos cos nosos contactos no KM 314 e medio dunha estrada cara o sudoeste de Sao Paulo (segunda cidade máis grande do Mundo con 21 millons de persoas, eu non vin a ninguén repetido…).
No noso grupo venhen con nós, Maitane do País Vasco, que é Educadora de interculturalidade e xénero, e Bea das Illas Baleares e profesora de Bioloxía en Barcelona. Ademais estamos Imma, veterinaria que traballa en saúde pública, Afonso que é mestre de lingua e literatura, Leticia vecinha de Santiago e Educadora tamén, e eu que fago Educación Ambiental cando podo e me deixan.
Baixamos do omnibus de noite nun punto quilométrico (o motorista ou condutor, buseiro de toda a vida… xa nos quería deixar nunha cidade no medio do estado de Sao Paulo, pero gracias a unha revisora todo saíu ben, por fin!!)
Agora estamos no que era a Facenda de Pirituva, orixinaria de Holandeses e tomada polo MST no ano 84. TEnhen radio Camponesa na cal xa falamos os membros do grupo, amosamos a musica galega (Dios!! qué forte escoitar a Lamatumba na radio, e despois con Carlos Núnhez en vivo dende Castrelos, presentarnos a esta audiencia co corazón nun punho, jaja).
E moitas máis cousas, pero internet e escaso e moita xente precisa de conectarse, e hai moito que facer no día a día, dannos moita formación do seu movemento, das súas ideas, da súa maneira de sentir e vivir… e dannos voltas as nosas cabecinhas.
Adiantar que estamos a preparar unha orinha de teatro e xa vos contaremos!!
Deica e bicos!!