Domingo de praia
14 xullo 2008O domingo fomos a praia con varias das mulleres da asociacion. O que parecia unha actividade estrela convertiuse nun sacrificio para algunhas de elas. Igual que Ana, Marta e eu, non estan habituadas a estar na praia o mediodia, asi que as queimaduras foron inevitables.
O caminho a praia foi o mellor. A parte de atras da furgoneta na que viaxabamos casi unhas 20 persoas tinha uns bancos nos laterais que deixaban un espazo no medio que aproveitamos para bailar a ritmo de musica marroqui. Estes tres ultimos dias a danza e a musica estiveron moi presentes. Cando quedamos so mulleres e hai musica por medio, e facil que se monte unha pequena festa. O venres na casa de Jamila, despois de xantar couscous estivemos a bailar; o sabado o que ia ser unha clase de baile oriental convertiuse (afortunadamente) novamente nunha festa na que sonou musica de “rai”, musica “chaabi” mais tamen bailamos Shakira pois as rapazas novas tamen lles gusta esa musica.
Hoxe subimos unha foto das actividades que mais gustan: as clases de espanhol. Montse, Raquel Q. e Ana dan clases as persoas sen alfabetizar. Marta e eu facemos clases para a xente alfabetizada. Un especial reconhecemento para as companheiras de Polonia que estan a face un gran traballo e esforzo o dar as clases de espanhol.
Busas kebira (moitos bicos)
Raquel

14 xullo 2008 ás 2:10 pm
Estimadas Montse, Raquel, Marta e Ana:
Sigo con atención os vosos pasos por un lugar onda para sentir o que escribides, un ten que zambullirse nunha realidade diferente a nosa. Polos vosos comentarios, deducimos que existiron avances neste ano transcurrido. Un novo local para Atawassoul, regulares clases de alfabetización e reunions entre as traballadoras para expresar a suas inquietudes. Sen dubida, é unha experiencia moi intensa na que certos valores aletargados no norte, afloran diariamente a esa beira do estreito. Permitide que envie unha calurosa aperta a Boubker, Jamilha, Claire Trichot e outras persoas que alimentan a esperanza día a día. Bicos dende a Galicia
18 xullo 2008 ás 12:27 am
Ola rapazas!
Xa estou de volta en Compostela, non sen pelexarme con todo o persoal do stand de easyjet por quedar tirada en Tánxer até as 8.30 da tarde! Cando cheguei a Madrid por suposto xa perdera a conexión a Compostela e hoxe pasei todo o día no bus, vai máis calor aquí que chez vous…
Levo todo o día pensando en vós, sobre todo porque levo tatuadas as mans de Henna (Zahara empeñouse até última hora) e porque estou descargando as fotos. Anna lémbrate de seguir sacando esas fotos túas tan boas! Un bico enorme para todas as mulleres de Attawassoul, sobre todo a Sarah, Sabah, Karima, ás nenas pequenas e a miña nai Zahara. Dádelle tamén un saúdo a Hamlichi e aos rapaces (non me deu tempo a despedirme de Idris e de Ismael). Desfrutade até o último minuto de Tánxer e da experiencia!
E por favor seguide informando a través do blog dos avatares diarios por ese recuncho da terra á beira do mar.
Besalah!