Escola Nacional

15 xullo 2008

      Antes de nada dicirvos que é dificil escribir nestes momentos, cando fóra soa a música en directo dun grupo de Capoeira, que están a ensaiar para manha!!

Indo por partes, na última oportunidade de escribir en internet, íamos cara Apiaí (”río pequeno” na lingua guaraní, dos nativos Tupui-guaraní). Resultou ser unha  experiencia inolvidable en moitos  aspectos.

Este asentamento recente, estaba situado nunha facenda que estaba a destrozar a reserva de Mata Atlántica que queda no Brasil. Nesta zona queda o 8% desta Mata Atlántica de todo o paĩs, con restos do bosque de Araucaria únicos no mundo.

Así o asentamento era como vivir no medio do paraíso, pero claro, sen luz, e algúns asentados ainda tinhan as súas casas tipo “acampamento” de toldos de plástico negro. Algúns foron mudando por madeira e outros iniciaban a construcción de casas de bloque.

Foi moita a ilusión que desprenderon, en cada familia, en cada ollada e en todas as conversas, a emoción estaba presente. Relatos de cómo os ameazaban con escopetas, cómo conseguiron a auga, ver cómo a partir das 6 da tarde que é noite, conviven en armonía á luz das velas… todo creou unha atmósfera especial e fixo moita unión no grupo, durmindo todos xuntinhos con dous amig@os brasileiros, e aproveitando os días dende os primeiros raios de luz.

Neste asentamento sorprendeunos a cantidade de nen@s que había, e a xuventude dos pais. Comimos en concreto nunha casa, que a cocinheira tinha poucos anos máis que minha nai (60 anos) pero na súa casa, convivían 4 xeracións (unha recién nacida) mentres na minha casa hai dúas xeracións. Non é raro ver nais de 15 anos, e pais tamén.

A maneira de facer do MST, tamén facilita isto. Eles informan nas zonas e rexións do Brasil máis desfavorecidas, onde hai pouca educación sexual e moita desestructuración familiar, problemas de drogas etc. alí contactan cos “referentes” desas comunidades, “non os líderes que moitas veces non son os referentes de nada…”, e fan xornadas de información do Movemento, forma de actuación, e pouco a pouco creanse grupos de xente que quere cambiar de vida, probrar a conseguir terra para cultivar, e loitar por ela.

Despois xúntase a xente para a ocupación (sen nadie saber cal será a zona ocupada, por motivos de seguridade) e de seguido ocupase, dependendo do número de familias así serán repartidos os terreos.

Neste asentamento había familias moi pobres, pero chea de ilusión, e ca emoción que transmitían, dicindo que estes foran os mellores anos da súa vida, comprendías o que significaba para eles.

Para min, algo no que non me acostumbro, e que vas conhecendo xente que te enche, ca que conectas en moitas cousas, e as despedidas resultan durísimas, mesmo cando só compartiches un ou dous días con eles, porque cada momento é moi intenso.

Onte collimos o bus dende a fronteira de Sao Paulo co estado de Paraná, viaxamos toda a noite, e hoxe chegamos a media manha a Escola Nacional Florestao Fernandes, do MST, entre Sao Paulo e Rio.

Manha temos prevista unha formación con eles, pero nada máis chegar e despois dunha ducha reparadora, despois de 3 días sen auga quente nin luz, ofreceusenos a posibilidade de participar nun Curso de Interculturalidade, con xente do MST de todo Brasil, e aqui estamos no medio doutra historia ben bonita. Falamos de política social, REforma Agraria, situación en Brasil do Movemento, Amazonía, invasión da cana, soja e eucalipto de todo Brasil (hai fotos que parecen Galicia, todo plantación de eucaliptos!!)…e tamén de alimentos, música, capoeira, e manha con eles, retamos a xente que está todo o ano na Escola a un partido de futbol. Bufff, qué será de nós. Por certo todos insistimos que nós xogamos como equipo mixto, senón nada.

Seguiremos en contacto, e quén sabe se a volta e xa en persoa, poderemos falar e falar, e ver fotos e compartir todo isto.

Bicos e apertas para tod@s

Unha resposta a “Escola Nacional”

  1. ainara di:

    Olá chic@s!! Gustame moito sentir que estades disfrutando coma loc@s, cos vosos mails conseguides que nos transportemos e volvamos a sentir os olores, cores e sensacions increibles que existen en todo Brasil. Tamén vexo con emocion que estades aprendendo un montón de cousas, que levades 4 días e xa falades con moitisima soltura do que concierne ao MST!!! Seguide disfrutando e vivindo a experiencia ao 100%, por suposto que compartiremos fotos, impresions e o que faga falta!! APERTAS MIL DENDE O OUTRO MUNDO!!

Deixa unha resposta