Chegada no Brasil da Turmagosto
25 xullo 2008Ola a todas e todos,
O grupo de agosto, que este ano se adianta lixeiramente, chegou xa no Brasil. Ou, para ser exactos, parte do grupo de agosto… Parece que o companheiro Borja non bromeaba cando, durante as xornadas de formación, nos contaba diversas peripecias e anécdotas, polo menos curiosas, que lle tinhan acontecido ao longo da súa vida… Pois ben, xa ten unha máis para contar. Como os xaneleiros deste ano xa saben, e en contra do desexado en principio, os da Turmagosto (neoloxismo q acabamos de acunhar inspirados pola ilusión de chegar ao BR e pola pretensión de aforrar tinta e pulsacións dixitais) voamos en voos diferentes por causa de certos problemas coas tarxetas de crédito durante a compra por internet. O voo de Borja, que facía escala en Zúric, deixou ao noso companheiro en terra por causa do overbooking, así que a irrupción estelar da Turmagosto en São Paulo non se completará ata manhá venres 25, día do Apóstolo na Galiza e dos Trabalhadores Rurais no Brasil.
Alén diso, todo marchou ben esta xornada. Reunímonos coa xente da Secretaría Nacional do MST e marcamos para manhá a visita á ocupación dunha sede do Incra. Tamén manhá, cando xa Borja estea en Sao Paulo (se non decide cambialo por Miami, q é onde fai escala o seu novo voo) definiremos o resto do programa para as vindeiras tres semanas. Seguiremos contándovolas, na medida do posible, a través deste blog.
Máis nada por hoxe. Abrazos para todos de dous terzos da Turmagosto desde un ciberlocutorio ao lado da Praza da República de São Paulo.