Grupo Xullo; rematando…Episodio I
25 xullo 2008Boas de novo, benquerido público. Xa na última escrita, rodeado de música brasileira que non me deixaba concentrar, tiven os meus probleminhas para concretar un resumo daqueles díasaquí parecen semanas, semanas que aquí parecen meses. Levamos un tempo sen dar sinais de vida, e non por iso foi un andar máis de vagar nin menos intenso, o contrario. Así que continuarei onde o deixei, dando grosas pinceladas do que fixemos, e prevendo que non me chegará o tempo nin as forzas, deixarei un Episodio II tipo O Retorno do Jedi.
Dende a Escola Nacional, chegamos cheos de ilusións ate Rio de Janeiro (coma sempre durmindo no bús de noite pra chegar ca primeira luz do día) e fixemos o noso primeiro contacto con Copacabana. Alí fixo furor o meu banhador curto (mercado a propósito para pasar inadvertido entre os Cariocas… Vaia Risas nos meus companheiros!!) e días máis tarde Afonso, nunha siesta de relax a beirinha do mar, viuse sorprendido por unha onda que o envolveu, xunto con toalla, libro, libretas, chanclas… tentou salvar o que puido e tomalo con humor coma toda a xente que escachaba mirando para él. Ainda hoxe será noticia nos corrillos de Copacabana e Ipanema.
O noso contacto co MST en Rio foi moi fructífero, e demos cun buscavidas/personaxe chamado Mardonio que nos adentrou polos recunchos de Rio; vimos o teatro do Oprimido de Augusto Boal (que interactua co público e utilízase como método de ensino polo MST) tamén vimos teatro, un grupo do MST que fai teatro con moita carga social, visitamos a asociación dos Sen Teito, contactamos co MAB, conhecimos a favela Roçinha (a máis grande de sudamérica con 300 mil persoas vivindo alí… Sí, todo Vigo alí metido, nunha ladeira empinada…) e por fin tivemos tempo pra nós sós, buscando cada un o seu espacio e a nosa soedade para sedimentar todo o que estábamos a ver.
A verdade é que é moito contraste xunto; é moi dificil asimilar o que ves pola manha en Ipanema, e pola tarde nunha favela, e entender o explendor de Rio xunto ca xente que malvive nas rúas. Encheste de contradiccións e no meu caso afectoume un pouco todo este ambiente, máis ainda sen ter ningún punto de referencia sólido, ningún lugar onde acudir a repousar e que sentira meu, e con tódalas persoas nas que sempre te apoias lonxe. Bueno, isto tamén foi parte da viaxe.
Agora remato porqeu tocaron a campana para comer (e sonn as 11:30!!! horario camponés!!) e hai que respetar os turnos, senón hai cooperaçao non hai transformaçao.
Así que faltan duas entregas, Episodios II e III. Máis o que se animen a escribir meus companheiros.
Até lá e beijos