Grupo Xullo: Episodio II…

28 xullo 2008

Boas companheir@s!
Neste segundo resumo, afondarei máis nas impresións recibidas en Río, que o merece. Non se pode falar de corrido de “MAB, Sen Tetto, Favela Roçinha…” e que fiquedes tranquilos e sen dúbidas.

Pois ben, despois do primeiro día de contacto ca urbe, o groso do grupo foise entrevistar na secretaría do MST onde conhecerían o noso amigo Mardonio, e onde definirían os nosos intereses e posibles visitas na cidade. Pola minha banda tinha xa unha cita co MAB (Movemento de Aingidos per Barragens- afectados pola construcción de grandes Presas hidroeléctricas) na Escola de Educación Física. Estaban participantes de tódolos estados brasileiros, e de moitos países Latinoamericanos (Argentina, Salvador, Nicaragua, Bolivia, Perú…) e foi dentro do marco dun Congreso sobre Enerxía de 10 días, no que os participantes convivían ó xeito das Asambleas do MST: nun pabellón tod@s en colchóns/colchonetas, algunha tenda de campanha para as familias, e turnos ben organizados para todo (limpeza, comida, coidar dos nen@s dos participantes no Congreso…).

Entrei nas Conferencias sobre Enerxía, falouse das Hidroeléctricas e as multinacionais que financiaban os proxectos (para que vos dedes unha idea pensan construir máis de mil presas en Brasil, o dobre das actuais, 300 delas no Amazonas…saín horrorizado).
Participei por inercia nos grupos de traballo, e despois de comer dixéronme que tinha que presentarme e falar de Galicia para todo o grupo (ARGGG… a saco!). Fixen o que puiden. Pola tarde chegaron os meus companheiros e tocoulles tamén a eles. Despois fumos moi ben atendidos e tivemos unha reunión onde falamos de todo, MAB, hidroeléctricas, Lula, política, futuro…fomos invitados a durmir alí con eles para aforrar e participar de toda a experiencia pero tinhamos outros plans xa con Mardonio, sentímonos con ganas de partirnos pola metade e atender a todo o mundo!! (só ficamos ata a noite onde facían unha festa Juninha, con comida preparada por eles e cachaça de Minas, ademais de bailes e xogos).

O día seguinte con Mardonio, visitamos os Sen Tetto. È unha organización que ocupa edificios baleiros da cidade e dalle sitio onde durmir a familias enteiras, e funcionan con turnos para cocinhar, limpar e estar na portería. Cada membro do edificio (o que nós visitamos tinha 10 prantas sen ascensor claro) facía 8 horas de traballo para a comunidade cada semana. Decirvos que estaban a preparar unha comida boa porque na noite pasada non puideran cear. Se non lembro mal, comen con 30 reais por persona e mes (uns 12 euros) e non tenhen moitas axudas. Tamén se organizan espacios no edificio para biblioteca, sala de reunións; e unha grande sala, estaba deixada a un colectivo de Sen Tetto que estaba a sufrir reformas no seu edificio e precisaban un lugar onde durmir. Unha vez ocupado un edificio, reclaman o estado que lles deixen vivir alí e que reformen o edificio (entran nun proceso xudicial que co tempo pode darlles seguridade, loitando por unha vivenda digna). De feito hai outros moitos edificios ocupados en Rio, sen organización e en condicións pésimas; onde non hai regras e o crime é o único organizado, aparecendo máis problemas de drogas, miseria e violencia.

Despois de conhecer o barrio da Lapa e Santa Teresa (agora barrio bohemio onde residen moitos artistas), collemos as senhas para no día seguinte visitar a favela Roçinha. Alí chegamos e tras varias chamadas (os teléfonos en Brasil merecerían varios episodios, con comentarios das frustacións vividas por cada membro do grupo) apareceu o noso contacto, René, membro da asociación de vecinhos de Roçinha. De repente subíunos a cada un nunha moto e ladeira arriba, entre xente, coches e autobuses, fumos botando en silencio mirándonos cando os nosos conductores se adiantaban, con cara de póker e media sonrisa de lado. René decíame “isto é turismo de riesgo, turismo attivo” e escachaba a rir. Bueno, foi moi falado no grupo e cando baixamos das motos e vimos a vista de Rio, pra min foi un dos mellores momentos de toda a viaxe. Dende alí hai unha das mellores vistas de Rio. Unha postal. Despois, empezamos a descender polas estreitas ruas (onde moitas veces so cabía unha persoa). Contounos a Historia da favela, e dende o anos 60 ata hoxe, esa ladeira encheuse de casi 300 mil persoas acinadas, sen servicios, sen oportunidades. Sufriron a súa propia microHistoria, con guerras, acoso policial, tráfico de drogas…e agora, sen problemas de fame, o que buscan son oportunidades para a xente que nace alí, quere vivir alí e morrer dignamente alí; tal como dí unha canción de Cidinho e Doca, cantante da “Cidade de Deus” (outra favela mal levada o cine) “eu quero ser feliiiiz, poder vivir tranquilamente na favela onde eu nacín…” se ouvides cómo a cantamos os do grupo, daríades gracias por estar lendo isto,jaja.

A grandes rasgos, isto foi Rio, tamén cun concerto nocturno de funky-favela fóra de Rio, mercado de Ipanema, teatro do Oprimido, Cristo Redentor e Pan de Azúcar no atardecer. Unha mezcla tola de sensacións, cores, olores e músicas, que cando nos metimos no autobús cara Espíritu Santo, remexéronse nas nosas cabecinhas durante 7 horas, ata espertar noutro estado, onde conheceremos outra xente, outro clima, outra paisaxe… e onde nos miramos de esgello pra sentir a seguridade de que non é todo un espellismo, que alí hai 5 persoas máis que acreditan todo o sucedido, e que mostran nas suas caras por momentos, as mesmas contadiccións, dúbidas e fascinacións que me roen por dentro.

Bicos e apertas, vémonos manha cual telenovela brasileira (as mellores do mundo, din aquí).

Unha resposta a “Grupo Xullo: Episodio II…”

  1. xanela di:

    Estivestes nun concerto de favela-funky! Non mo podo crer! Eu son unha gran fan de ese tipo de música e me acaba de emocionar moitísimo que cantedes a canción de Cidade de Deus!
    Aproveito para comentar que o outro día estiven a ver a película Tropa de Élite, que senón me equivoco está ambientada na favela na que estivestes vós. Dende aquí dicir que nin é boa nin representativa da realidade brasileira, que é o que se está a vender. Se tedes oportunidade de vela comentaremos en persoa que opinades.
    Eva

Deixa unha resposta