Grupo Xullo; Episodio III
30 xullo 2008Rio de Janeiro xa é Historia, agora medio adormilados polo bus. Nestas noites adoitamos sufrir amagos de conxelación na primeira parte da viaxe, debido ó aire acondicionado; e despelote a medio sobar, cando Afonso se lle queixa ó motorista de que vai moito frío, e éste mete a calefacción. Todo isto conmigo falando en sonhos, Afonso espertando e agarrándome no medio dun pesadelo… están tolos estos galegos.
Chegamos a Vitoria, capital do estado de Espíritu Santo. Como sempre, ven a recollernos alguén do movemento que se enterou da nosa chegada o día anterior (ainda que saben os nosos plans dende hai semanas). Chámase Paulo Mansan, alto e fornido, ten pinta dun Ché a moderna, con coleta e media barba. Non tardou en ponhernos o tanto de todo, acompanharnos nos transbordos ata chegar o noso aloxamento algo afastado do centro, e narrar algúns paus levados pola policía montada a cabalo.
Foi casualidade que estaban a celebrar unha xuntanza do MST a nivel Sudeste (estados de Sao Paulo, Rio de Janeiro, Minas Gerais y Espíritu Santo). Cal non sería a nosa sorpresa que alí estaban persoas que conhecéramos no primeiro asentamento, na Escola Florestan Fernandes… xa somos conhecidos en boa parte do Brasil!!! isto de atopar conhecidos é moi bacana!!!
Alí reunímonos con Paulo, Lia (conhecida doutros anos de “xanela aberta”) e Edivaldo, que nos acompanharía na viaxe os próximos días. Falamos en corro como sempre, do divino e do humano, do MST e características neste Estado, un dos máis afectados polo monocultivo de eucalipto , ca empresa Aracruz celulosa como protagonista indiscutible.
No día seguinte (algún do grupo cun proceso gripal de cabalo), visitamos as comunidades indíxenas Tupí-Guarani. Estos grupos indíxenas, orixinariamente eran do Sur do Brasil, Paraguay… pero tras sufrir diversas presións, matanzas para falar claro, foron dispersados e un grupo estableceuse no Espíritu Santo dende o século XVIII. Alí, rodeados de MAta Atlántica seguiron a convivir cos seus principios de respeto á natureza, aproveitando o seu entorno, cun modo de vida digno e alimentación basada na caza, pesca e recolección. Cando Aracruz celulosa puxo os ollos nesta zona, anos 70′ e dictadura militar no contexto, comezou o conflicto. Dixeron que non había indios neste Estado, logo que foran introducidos para evitar o progreso, tentaron compralos sobornando a líderes tribais, enfrentándoos e talando todo o seu xeito de vida. Comezou o desmatamento da Mata Atlántica. Agora viven en xaulas de eucalipto. Fan artesanías que venden os turístas, cultivan algo de mandioca e café para subsistir, e son apoiados polo MST nas súas reclamacións de devolucións de terras.
Este proceso vai abanzando, agora foron devoltas pra eles ata ter un total de 18 mil hectáreas. A trampa é que tiveron que comprometerse a non loitar nunca máis contra Aracruz, non reclamar máis os seus dereitos, e Aracruz ten dereito a madeira de eucalipto de toda a zona. Isto significa que arrasaran co eucalipto, pero ficarán as raices que so saen con maquinaria pesada (da que os indios non disponhen) que rebrotarán. A intención destas 3 comunidades guaranís e 4 tupiriquis, é repobrar a Mata Atlántica, pero isto levará varias xeracións.
Isto encheunos de moita tristura. Despois dirixímonos a conhecer as comunidades quilombolas, no norte do Estado. Pero isa será outra Historia. Xa estamos en San Matheus regateando precios e atopando o Hotal Francia, por 5 euros é un lugar tamén para non esquecer. Aprovisionámonos de antibióticos e xaropes na farmacia e droguerías do lugar, e imos descansar co ventilador a piques de caer, cual espada de Damocles sobre as nosas cabezas.
Imos embora. Até