Un día no Asentamento de Don Tomás Balduíno.

30 xullo 2008

Este asentamento, recoñecido dende o 2006 (dende o 2000 acampamento), toma nome dun bispo da pastoral da terra, acolle a 62 familias ó longo dunha grande extensión de terra e foi posiblemente, e ata o momento, a experiencia máis humana das vividas, o que non quere dicir que as outras non fosen humanas nin intensas.

Todo comezou baixando do bus, cando o motorista (condutor) nos sinalou a tres mulleres como referencia que tamén se achegaban ó asentamento. Pronto buscamos a comunicación con elas por medio do noso coordinador, un verdadeiro filón en canto a idiomas que nos evita en máis dunha ocasión as confusións e o despiste o ter un perfecto control do idioma.

As mulleres informáronnos, tras facer unhas chamadas telefónicas, de que ningún dos contactos que tiñamos estarían presentes (dous estaban de viaxe e un xa non vivía alí). Eso, fóra de ser un impedimento, foi un golpe de fortuna, dado que unha delas enseguida se fixo responsable de nós, e tras esperar infructuosamente o bus escolar para achegarnos ó asentamento, que realmente quedaba lonxe, iniciamos o duro traxecto cun sol de xustiza azotándonos, amenizado cunha conversación ben natural e proveitosa.

María Betonia, que así se chamaba a señora, foinos explicando todas as vivencias que tiveran ate chegar ó benestar do que gozaban actualmente, cómo se organizaba o asentamento, o tipo de construcións que se fixeran… amosando un verdadeiro coñecemento sobre o contexto e a realidade na que se asentaba. Segundo iamos andando, a súa preocupación por nós percibíase, e nos facía o camiño proveitoso, parando nas casas dos veciños, animándoos a que nos ensinaran os seus emplazamentos e a que falaran con nós sobre as súas vivencias mentres ela tomaba un auga. Paramos nunha edificación abovedada, da que todo o vecindario estaba orgulloso, cuxa muller da casa reseñaba ser unha muller provinte de moitos lados mentre o home co seu fillo maior levantaban un pilar de madeira duns tres metros aproximadamente e os pequechos xogaban na terra que logo utilizarían para finalizar a obra na que xa estaban a facer vida. Nos falaba tamén a mai cómo o seu fillo nacera no centro desa propia casa, con dificultades e prematuramente, e logo víamos como con sete meses se desenrrolaba nas proximidades da súa vivenda.

Máis tarde María Betania nos relataba outra conmovedora historia sobre un home que calificaba de boa persoa e moi colaborador coa comunidade. Este home tiña case terminada a súa casa e axudara á construcción das dos seus veciños, máis unha enfermidade lle foi deteriorando ante a súa negativa a abandonala para ir a un hospital debido a que por fin tiña unha casa, despois de toda unha vida loitando. Ainda non a habitara, vivía nun barracón e alí pasou os seus últimos días de vida encerrado, ata que os seus veciños lle tiraron a porta e o levaron o hospital nun estado grave, dado que xa nin sequera falaba. Ó pouco, morreu de tuberculose sen poder vivir nen un día na casa que construira.

Por último, Betania comentounos o duro que era vivir no acampamento, e cómo unha veciña tivo que asistir máis dun ano a un psicólogo, pois non aturaba a presión de loitar por un terreo.

Estas historias conmovéronos, mais a súa non deixaba de ser menos conmovedora, e esta a vivimos máis directamente, a vimos cos nosos ollos, pois no camiño decidiu que quedábamos a comer na súa casa e que se queríamos, poderíamos quedar a durmir na súa casa, “así podíamos falar un pouco”.

Era conmovedor ver cómo ensinaban con orgullo a súa casa, a súa propiedade, unha propiedade que calquera que vive no noso día a día non valoraría nin a milésima parte do que eles. A casa estaba chea de nenos e nenas, os seus (4) máis os da veciña, que nos lembrou a vida que se facía na época dos nosos avós, na que as casas nunca estaban pechadas e os veciños entrabamos nas casas uns dos outros.

No camiño á súa casa, María Betania comentábanos que era o cumpleanos da súa filla Gabriela, que cumplía dezaseis anos, e polo que puidemos comprobar, nós debimos ser o regalo dese día. Nós, impotentes, revisamos as mochilas e regalámoslle a camiseta de un de nós, o único que tiñamos para regalarlle.

O home da Betania mostrounos orgulloso o sistema de sumidoiro que está a construír no seu lote de terra e que permite utilizar as augas residuais da casa como abono para as hortas. Os fillos amosáronnos os seus xoguetes, construídos polo pai, e apropiáronse das nosas cámaras fotográficas para retratarse, retratar os veciños e todo o entorno. As nenas dos veciños tamén buscaban a nosa colaboración para os seus xogos, e abofé que nos entregamos a todos eles ata acabar exhaustos.

Pola tarde, capitaneados pola irmá maior, a do cumpreanos, os nenos amosáronnos as zonas comunais: secretaría, anfiteatro e un vivero pedagóxico, que levaba un dos veciños e ademais de ser para os propios veciños, se vendía cara ó exterior. Marcounos ver e comprobar en conversas, cómo o traballo cooperativo fora a menos ó dividirse as terras, cómo cada un traballaba a súa propiedade, cómo incluso vivía un veciño crítico co MST, que non participaba das súas ideas, mais aproveitaba as súas vantaxes.

Xa na noitinha reunímonos todos no porche da casa familiar: a capoeira, o español e as conversacións sucedéronse ata que tocamos fondo e os nosos corpos non deron máis. Curiosamente foi o único momento no que nos puidemos xuntar todos, xa que na comida comimos por tempos, non había suficientes pratos e primeiro nós, logo os fillos, logo o home e logo a muller fumos comendo nese orde. Por último, fumos a durmir, entre sacos de cemento, tubos e demáis, dado que a familia de Betonia, ó non existir un almacén onde deixar o material de construcción das edificacións, se prestou a que a súa sala fora un almacén.

A mañá seguinte foi a despedida, e a aventura no Brasilia do 79 de Manuel, un veciño ó que convenceu o pai de familia para que nos achegara xa que chegabamos tarde ó bus para chegar posteriormente a reunión na secretaría do MST. Manuel foi un personaxe que en cinco minutos moi gráficamente nos mostrou cómo se vivía alí, nun coche que botaba fume para dentro, que apagaba nas costas abaixo para non matarnos co fume e do que estaba orgulloso: o único dos cinco coches que lle resistira e o único que nos días de choiva subía as costas.

Foi unha experiencia como outras anteriores e outras que esperamos, nas que no momento que menos esperas, e cando cres que a viaxe finalizou derrepente, outra nova historia acontece, curiosa, cómica, simpática e moi natural, que nos fai pensar en si os valores que mantemos nas nosas vidas nos dirixen cara a felicidade ou pola contra, perdemos humanidade a cada paso.

Deixa unha resposta