Grupo Xullo; Episodio IV.
31 xullo 2008EN UNA GALAXIA… MUY MUY LEJANA… LAS FUERZAS DEL EMPERADOR ARACRUZ CELULOSA SIGUEN HOSTIGANDO A LA RESISTENCIA…
Siguen os días no Norte do Estado de Espíritu Santo. Facendo transbordos cun coche alquilado, hoxe dirixímonos a visitar as comunidades quilombolas. O longo da Historia do Brasil, a escravitude estivo moi presente, e Portugal forneceu de man de obra escrava todo Brasil. Chegaban en barco onde moitos morrían na travesía, e Edivaldo ensinounos en San Matheus o porto de desembarque no río, que hoxe está deserto pero iso dalle unha atmósfera inigualable para a reflexión. A calzada feita polos propios escrabos e unha placa conmemorativa, rematan o cuadro. Na placa, son reconhecidas un grupo de prostitutas que loitaron por preservar o conxunto Histórico, dunha remodelación urbanística que borraría parte da memoria colectiva da cidade.
Moita sangue correu por estas terras, sangue alléa a este continente; persoas que se refuxiaron nas súas crenzas e culturas, xerando novas relixións como o Candomblé ou expresións culturais coma a capoeira, ritmos e músicas novas que perviven hoxe. Alén disto, non debemos esquecer as historias de desesperación, onde moitas persoas deixáronse morrer de fame, mataron os seus recén nacidos ou fuxiron.
De entre estes fuxidos, fóronse establecendo “quilombos ou palenques” extendéndose por zonas pouco accesibles. Para facernos unha idea, no Nordeste formouse un que sobreviviu arredor de 100 anos; especialistas na guerra de guerrillas, ben organizados e liderados, repeleron os continuos ataques dos portugueses.
No 1888 chegou a abolición da escravitude. Moitas destas comunidades xa estaban establecidas e perviven hoxe en día, cun xeito de vida en consonancia co medio natural, fan unha agricultura de autoconsumo, organizan as súas escolas e buscan a maneira de vivir de acordo as súas crenzas. De forma parecida a como sucedera cos indios guaranís-tupiriquís, Aracruz celulosa puxo os ollos nas terras destas comunidades e comezaron os atropelos. Hai que sinalar que estas terras non tenhen divisións nin lindes, son traballadas familiarmente o longo de xeracións sin títulos de propiedade.
Terras que aparecían vendidas, firmadas por persoas que non sabían ler nin escrivir; algún membro da familia que vendía un pedazo que decía que lle correspondía, pero que no papel Aracruz aumentaba a súa vontade; lideranzas da comunidade sobornadas para axilizar o proceso; coaccións, mentiras, presións… moitos venderon, e foron a engrosar as favelas que rodean todas as cidades brasileiras. Triste destino cando pensaban que estaban collendo a oportunidade da súa vida.
Aparecida é unha lideranza da Comunidade Quilombola Linharinha. È mestra na escola e nai de dúas pequechas que fan de imáns para nós; os nosos colos están preparados ;-p Ela contounos a Historia da comunidade, a resistencia co apoio do MST, e as reclamacións de terras. Neste caso están pouco avanzadas, ainda que está feito o estudo que demostra que toda a zona foi un asentamento Quilombola. Unha das probas, destapou unha Historia ben bonita os nosos ollos. Estas sociedades, non tenhen cemiterios como nós os concebimos; pola contra, eles creen que a Terra é a Vida, a “Mai Terra”. Así cando falece alguén, é metido nunha pecio de cerámica con forma de ánfora ou gran barril, e o corpo é depositado encollido en posición fetal, tal como estaba no ventre da nai no seu orixe. Fumos a visitar o cemiterio desta comunidade quilombola, no que medran hoxe algúns centos de eucaliptos. Unha tristeza.
Cando chegou Aracruz á zona, 10 mil familias moraban nas comunidades quilombolas. No ano 2002 había 1500 familias e agora volven a aumentar, pero o problema está en que xa non tenhen terreo para expandirse e están cercados polo monocultivo de eucalipto.
Despois de esta experiencia, collemos rumbo á Escola María Olinda, inaugurada no ano 94. Foi establecida no terreo dun asentamento, e alí fanse diversos cursos para formar as persoas dos asentamentos. Tenhen diferentes plantacións, e fan as súas probas para ver cómo medran as distintas especies xuntas, cómo combater as pragas da mellor maneira, recuperar cepas autóctonas e ensaian diferentes regadíos.
Este foi un día especial para todos. Moi emotivo xa que o grupo íase desfacer. Maitane, unha das rapazas vascas, viaxaba no día seguinte para Sao Paulo-Bilbo; e eu, cara Minas Gerais. Terminaba o período de conhecemento grupal do MST, pero terminaba nun punto seguido. En Belo Horizonte contactei de novo co MAB (Movemento de Atingidos per Barragems) e sei que os meus companheiros, na súa viaxe cara Salvador de Bahía, conviviron nun acampamento dous días para eles inesquecibles, e que tenhen que relatar!!!! neste espacio.
Así que nada, estas son as pequenas historias e as grandes vidas, de moitas persoas o longo do noso Planeta. Non descarto falar do que aconteza nun futuro próximo ata que suba o avión de novo en Sao Paulo. E négome a non mencionar que estas loitas están a ocorrer en moitas partes do Mundo, onde os poderes que nós votamos, mantemos cos nosos cartos no banco, e apoiamos sen conhecemento de causa, están a expulsar a comunidades campesinhas das súas terras para apropiarse dos recursos naturais. Un amigo enviou este enlace http://www.youtube.com/watch?v=NYZG6blQOsE da situación que están a vivir en México, e onde a presencia de denuncia internacional faise tristemente necesaria.
“Globalicemos a luita… Globalicemos a esperanza…”
3 agosto 2008 ás 1:39 pm
son a rapaza que viaxou o ano pasado a ecuador..
bueno…so quero decirvos que é moi emocionante ler o que estades vivir..estou enganchada..
a persoa que escribe relatao dunha forma incrible!!
facedes que poidamos viaxar con vos…
un saudo e seguide retransmitindo asi de ben!