REUNIÓN DO TURMAGOSTO COA SECRETARÍA DO MST EN CAMPO GRANDE: UNHA DE CAL E OUTRA DE AREA.

30 agosto 2008

Coa habitual hospitalidade que nos ofrece Brasil e en concreto o MST, comezou a reunión na Secretaría Estatal de Campo Grande, na que nos desglosaron de manera exhaustiva a situación actual do MST en Mato Grosso do Sul.

Nunha situación diferente ó resto do Brasil, o superintendente do Incra para este estado caracterízase por unha especial sensibilidade co movemento, o cal se traduce en 4.000 familias asentadas nos 4 últimos anos, que, sumadas ás 4.000 que xa estaban, fan un total de 8.000, por unhas 1.500 que seguen acampadas.

Contra esto, comentan que o Estado está a comprar ós latifundiarios as terras, co que na ideoloxía do movemento se considera que non se obra correcto, dado que este latifundiario destina ese diñeiro a comprar moito máis extensión de terra en outras zonas, co que o problema do latifundio non só non se remata senón que crece e se extende.

Comentan tamén os números: 11.000 reais axudan a construir unha casa de 74 m² dentro dun lote de 12 hectáreas, 8 individuais e 4 colectivas. Aquí reside outro problema, por un lado, o pensamento dos acampados é a idea de crecer chegando a ser facendeiros carecendo dunha visión máis colectiva (concienciación) e reproducindo o capitalismo e individualismo co que foron tratados na cidade e están sendo tratados nos latifundios nos que traballan para sobrevivir mentres a súa situación non cambia. Por outro lado, en contra dos ideais do MST de que cada quen constrúa a súa realidade e a decida de forma asamblearia e democrática, o INCRA obliga a que se reproduza un sistema colectivo, ó que son obligados.

A esto sumámoslle que co asentamento se perdeu a colectividade porque cada un se dedica ó seu “lote”. Sumamos tamén un conflicto entre Estado e Indíxenas, por presión de facendeiros.

Por outra parte, a situación de dependencia de traballo externo fai que do traballo cas vacas se pasase á cana de azúcar para producir biocombustible (etanol) , que produciu escravitude laboral primeiro e desemprego pola implantación das máquinas que suplen man de obra. Prodúcese unha críse alimentaria debido a que se deixou de producir alimento e se sube o prezo, prohibida no Pantanal por razóns medioambientais a cana de azúcar, plántase eucalipto. Non existe tradición de diversificar na producción e os que optaron por traballar as zonas cooperadas están á espera de crédito, e asitencia técnica, esto é, formación.

A situación por outro lado para o asentamento complícase porque o facendeiro prefire vender a un privado (que solta o carto ó momento) que ó Estado, que paga a 15 anos.

Publicado na categoría Sen clasificar | Trackback | del.icio.us | Enriba

Deixa unha resposta