Amarante

AMARANTE Setem é unha organización galega que traballa para mudar as inxustas relacións existentes entre os países do Norte e os países do Sur.

En AMARANTE Setem contamos con diferentes campos de traballo, atravesados todos eles polo consumo responsable. As áreas de traballo son:

O proxecto do que se dá conta neste Blog pertence á área de Educación para o Desenvolvemento, dende a que se busca un cambio no noso territorio a través de actividades tanto dentro como fóra dos nosos Centros de Recursos.

Se queres saber algo máis de AMARANTE Setem podes entrar na web www.amaranteong.org ou ben pasarte por algún dos nosos locais. Estamos en: Vigo, Pontevedra, Compostela e Ourense.