Arquivo para a categoría 'Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST)'
Viaxes da Turmagosto: actualización cronoxeográfica
26 agosto 2008Noticias da Turmagosto, por fin. Estamos no Río de Xaneiro xa, desde o pasado sábado. Aquí temos máis acceso á internet do que ata agora, así que nos próximos días tentaremos describir en máis detalle as experiencias das que aínda non vos falamos. O inciso de hoxe busca só poñer un pouco de orde cronoxeográfica ao acontecido durante as últimas semanas e encaixar nesa [...]
Viaxes da Turmagosto: Trasmundi existe
12 agosto 2008Darío Xohán Cabana imaxinou sete vales retirados do mundo que albergaban certa sorte de xente mediana que se mantiña oculta para os máis grazas ás súas habilidades máxicas. Naquela sociedade de homiños de orellas picudas e rostro vulpino, sobre a cal quen quixer pode saber máis a través da moito recomendábel novela Fortunato de Trasmundi (que ofrece ademais [...]
Grupo Xullo; Episodio IV.
31 xullo 2008 EN UNA GALAXIA… MUY MUY LEJANA… LAS FUERZAS DEL EMPERADOR ARACRUZ CELULOSA SIGUEN HOSTIGANDO A LA RESISTENCIA…
Siguen os días no Norte do Estado de Espíritu Santo. Facendo transbordos cun coche alquilado, hoxe dirixímonos a visitar as comunidades quilombolas. O longo da Historia do Brasil, a escravitude estivo moi presente, e Portugal forneceu de [...]
Grupo Xullo; Episodio III
30 xullo 2008Rio de Janeiro xa é Historia, agora medio adormilados polo bus. Nestas noites adoitamos sufrir amagos de conxelación na primeira parte da viaxe, debido ó aire acondicionado; e despelote a medio sobar, cando Afonso se lle queixa ó motorista de que vai moito frío, e éste mete a calefacción. Todo isto conmigo falando en sonhos, Afonso [...]
Un día no Asentamento de Don Tomás Balduíno.
30 xullo 2008Este asentamento, recoñecido dende o 2006 (dende o 2000 acampamento), toma nome dun bispo da pastoral da terra, acolle a 62 familias ó longo dunha grande extensión de terra e foi posiblemente, e ata o momento, a experiencia máis humana das vividas, o que non quere dicir que as outras non fosen humanas nin intensas.
Todo [...]
A golpe de feixóns e kilómetros
30 xullo 2008Tra-la experiencia do Florestan Fernandes, voltamos ó Cepatec, aloxamento base onde deixaramos as mochilas anteriormente desta viaxe. A nosa idea era relaxarnos e reflexionar individual e colectivamente sobre esa intensa experiencia da fin de semana, mais non foi asĩ. A oferta de ir a superintendencia do INCRA (Instituto Nacional de Colonización e Reforma Agraria) en [...]
Visita á Escola Nacional Florestan Fernandes
30 xullo 2008Fin de semana longo e intenso. O sábado 26 de xullo, cedinho pola manhá, saímos para a Escola Nacional Florestan Fernandes, a unha hora de São Paulo. A escola, que toma o seu nome dun sociólogo e deputado brasileiro cuxa traxectoria vital foi a dun home que se fixo a si mesmo a pesar das [...]
Grupo Xullo: Episodio II…
28 xullo 2008 Boas companheir@s!
Neste segundo resumo, afondarei máis nas impresións recibidas en Río, que o merece. Non se pode falar de corrido de “MAB, Sen Tetto, Favela Roçinha…” e que fiquedes tranquilos e sen dúbidas.
Pois ben, despois do primeiro día de [...]
Turmagosto completa
26 xullo 2008Segundo día en São Paulo. O tránsito da megalópole paulista non o puxo fácil, mais no final deu chegado, dunha peza, o que faltaba. A Swissair indeminizou pola demora e a cousa non pasou finalmente dunha anécdota con lectura positiva no aspecto financeiro, aínda que nos supuxo perder un día. Completa por fin, a Turmagosto reuniuse co Joaquim, a Gabriela e a Dulcineia e comezou a [...]
Grupo Xullo; rematando…Episodio I
25 xullo 2008Boas de novo, benquerido público. Xa na última escrita, rodeado de música brasileira que non me deixaba concentrar, tiven os meus probleminhas para concretar un resumo daqueles díasaquí parecen semanas, semanas que aquí parecen meses. Levamos un tempo sen dar sinais de vida, e non por iso foi un andar máis de vagar nin [...]