A golpe de feixóns e kilómetros

30 de xullo de 2008

Tra-la experiencia do Florestan Fernandes, voltamos ó Cepatec, aloxamento base onde deixaramos as mochilas anteriormente desta viaxe. A nosa idea era relaxarnos e reflexionar individual e colectivamente sobre esa intensa experiencia da fin de semana, mais non foi asĩ. A oferta de ir a superintendencia do INCRA (Instituto Nacional de Colonización e Reforma Agraria) en Sao Paulo non a puidemos rexeitar, e tra-la cena alí fumos a comprobar cómo a mellor forma de facer ruído é ir direitamente ás administracións. Impresionounos cómo tiñan ocupado un edificio similar ó da Xunta en Coruña (por poñer un exemplo), cómo levaban unha semana e fixeran dunha oficina de atención ó cidadán, unha cociña, e cómo respetaban as persoas maiores e os nenos dándolle prioridade no elevador (ascensor), cómo mantiñan un exhaustivo horario de comidas, e cómo mantiñan a limpeza lembrando que as colillas se tiraban no seu sitio.

No garaxe tiñan un concerto con bailadora de claquet incluído, mostrando que a loita non está ó marxe de expresións artísticas de calidade, e esta situación acompañada da colaboración do resto dos espectadores-participantes na festa-manifestación, ante unha situación que nos conmovía, conseguían irradiarnos alegría, esperanza e roubarnos un sorriso.

Cando nos fumos, nos comentaron que levaban unha semana, que decidirían se seguir ó día seguinte e que, en todo momento, negociaban cos traballadores dese edificio administrativo (encargado dos temas de reforma agraria) a forma de compatibilizar protesta deles e traballo por parte dos traballadores, cuias oficinas se mantiñan intactas. Nos pareceu unha magnífica forma de presión, dado que diante súa os traballadores, ademais de papeis, tiñan as persoas que daban nome a esos papeis, cara e voz a unhas letras que para os traballadores podían ser rutinarias pero para os alí presentes nesa reivindicación significaba moito: máis de mil familias do estado de Sao Paulo que estaban esperando a que se lles recoñecese a propiedade da terra que estaban ocupando.


Visita á Escola Nacional Florestan Fernandes

30 de xullo de 2008

Fin de semana longo e intenso. O sábado 26 de xullo, cedinho pola manhá, saímos para a Escola Nacional Florestan Fernandes, a unha hora de São Paulo. A escola, que toma o seu nome dun sociólogo e deputado brasileiro cuxa traxectoria vital foi a dun home que se fixo a si mesmo a pesar das adversidades, construíuse entre 2000 e 2005 por medio de brigadas de traballadores voluntarios. Organizadas en estadías de dous o tres meses, as brigadas foron erixindo un centro educativo que conta con varios barracóns capaces de albergar a cerca de 300 persoas, alén de dous auditorios, unha biblioteca con máis de 12.000 títulos, videoteca, instalacións deportivas, sala de ordenadores, comedor… Na escola lévanse a cabo cursos de formación en Teoría política da América Latina e cursos en diversas materias que se organizan en colaboración con varias universidades e co apoio do PRONERA (Programa Nacional de Educación para a Reforma Agraria). Todos os moradores da escola, tanto os educandos como os integrantes da brigada permanente responsable da súa xestión, colaboran no funcionamento do centro e se turnan para realizar durante a semana as actividades necesarias para o seu mantemento. Son eles quen toman coidado das hortas e dos animais, cocinhan e mantenhen limpo o recinto. Desta forma, a escola aproveita ao máximo os recursos humanos dos que dispón e fomenta entre os seus educandos unha formación integral na que se equipara o traballo intelectual co manual.

A visita durou dous días e tivemos a sorte de que coincidise co aniversario do fallido asalto ao cuartel Moncada por parte dun grupo de homes e mulleres comandados por Fidel Castro en 1953, no preludio da Revolución Cubana, así que na escola se conmemorou a efeméride cun emotivo acto ao que asistimos delegacións de dezaoito países. A xornada completouse cun concerto dun grupo chileno que deu paso a unha festa que se foi animando a medida que avanzaba a noite e na que non importou que os equipos de música tivesen que deixar de soar chegada a unha da madrugada… Neste país basta cun par de instrumentos de percusión e algunhas botellas de cachaça para que a esmorga arranque e non tenha fin…


A pocas horas…

29 de xullo de 2008

Hemos estado estos ultimos dias intentando preparar todo lo necesario para el viaje a Ecuador para que no llegara el ultimo dia sin tener el equipaje a punto.

Es la 1.16 am y aun estoy mirando de reojo la mosquitera pensando donde meterla, porque la mochila hace ya amagos de explosion :S

Hace un rato hable con Chus y hemos quedado dentro de unas horas, a eso de las 5.45 am para ir juntas al aeropuerto. De Santiago a Madrid y de ahi a Guayaquil, si no hay novedad.

De momento, lo unico que sabemos es que visitaremos varias zonas del pais, empezando por Portoviejo durante la primera semana, para conocer el trabajo que la Fundacion Maquita lleva a cabo con diferentes comunidades.

Estas semanas atras he estado leyendo los post que los compañeros de Brasil y Marruecos han ido dejando por aqui, contando anecdotas y encuentros y sobre todo, transmitiendo una energia que deja ver todo lo que estan viviendo alli. Espero que esa misma energia la sintamos nosotras y os la podamos enviar desde Ecuador, via blog y muy pronto, en septiembre, con un cafe entre manos.

Nos vamos.

Un saludo a todos ;)

Publicado na categoría Fundación MCCH | Enriba | Deixa un comentario »

Grupo Xullo: Episodio II…

28 de xullo de 2008

Boas companheir@s!
Neste segundo resumo, afondarei máis nas impresións recibidas en Río, que o merece. Non se pode falar de corrido de “MAB, Sen Tetto, Favela Roçinha…” e que fiquedes tranquilos e sen dúbidas.

Pois ben, despois do primeiro día de contacto ca urbe, o groso do grupo foise entrevistar na secretaría do MST onde conhecerían o noso amigo Mardonio, e onde definirían os nosos intereses e posibles visitas na cidade. Pola minha banda tinha xa unha cita co MAB (Movemento de Aingidos per Barragens- afectados pola construcción de grandes Presas hidroeléctricas) na Escola de Educación Física. Estaban participantes de tódolos estados brasileiros, e de moitos países Latinoamericanos (Argentina, Salvador, Nicaragua, Bolivia, Perú…) e foi dentro do marco dun Congreso sobre Enerxía de 10 días, no que os participantes convivían ó xeito das Asambleas do MST: nun pabellón tod@s en colchóns/colchonetas, algunha tenda de campanha para as familias, e turnos ben organizados para todo (limpeza, comida, coidar dos nen@s dos participantes no Congreso…).

Entrei nas Conferencias sobre Enerxía, falouse das Hidroeléctricas e as multinacionais que financiaban os proxectos (para que vos dedes unha idea pensan construir máis de mil presas en Brasil, o dobre das actuais, 300 delas no Amazonas…saín horrorizado).
Participei por inercia nos grupos de traballo, e despois de comer dixéronme que tinha que presentarme e falar de Galicia para todo o grupo (ARGGG… a saco!). Fixen o que puiden. Pola tarde chegaron os meus companheiros e tocoulles tamén a eles. Despois fumos moi ben atendidos e tivemos unha reunión onde falamos de todo, MAB, hidroeléctricas, Lula, política, futuro…fomos invitados a durmir alí con eles para aforrar e participar de toda a experiencia pero tinhamos outros plans xa con Mardonio, sentímonos con ganas de partirnos pola metade e atender a todo o mundo!! (só ficamos ata a noite onde facían unha festa Juninha, con comida preparada por eles e cachaça de Minas, ademais de bailes e xogos).

O día seguinte con Mardonio, visitamos os Sen Tetto. È unha organización que ocupa edificios baleiros da cidade e dalle sitio onde durmir a familias enteiras, e funcionan con turnos para cocinhar, limpar e estar na portería. Cada membro do edificio (o que nós visitamos tinha 10 prantas sen ascensor claro) facía 8 horas de traballo para a comunidade cada semana. Decirvos que estaban a preparar unha comida boa porque na noite pasada non puideran cear. Se non lembro mal, comen con 30 reais por persona e mes (uns 12 euros) e non tenhen moitas axudas. Tamén se organizan espacios no edificio para biblioteca, sala de reunións; e unha grande sala, estaba deixada a un colectivo de Sen Tetto que estaba a sufrir reformas no seu edificio e precisaban un lugar onde durmir. Unha vez ocupado un edificio, reclaman o estado que lles deixen vivir alí e que reformen o edificio (entran nun proceso xudicial que co tempo pode darlles seguridade, loitando por unha vivenda digna). De feito hai outros moitos edificios ocupados en Rio, sen organización e en condicións pésimas; onde non hai regras e o crime é o único organizado, aparecendo máis problemas de drogas, miseria e violencia.

Despois de conhecer o barrio da Lapa e Santa Teresa (agora barrio bohemio onde residen moitos artistas), collemos as senhas para no día seguinte visitar a favela Roçinha. Alí chegamos e tras varias chamadas (os teléfonos en Brasil merecerían varios episodios, con comentarios das frustacións vividas por cada membro do grupo) apareceu o noso contacto, René, membro da asociación de vecinhos de Roçinha. De repente subíunos a cada un nunha moto e ladeira arriba, entre xente, coches e autobuses, fumos botando en silencio mirándonos cando os nosos conductores se adiantaban, con cara de póker e media sonrisa de lado. René decíame “isto é turismo de riesgo, turismo attivo” e escachaba a rir. Bueno, foi moi falado no grupo e cando baixamos das motos e vimos a vista de Rio, pra min foi un dos mellores momentos de toda a viaxe. Dende alí hai unha das mellores vistas de Rio. Unha postal. Despois, empezamos a descender polas estreitas ruas (onde moitas veces so cabía unha persoa). Contounos a Historia da favela, e dende o anos 60 ata hoxe, esa ladeira encheuse de casi 300 mil persoas acinadas, sen servicios, sen oportunidades. Sufriron a súa propia microHistoria, con guerras, acoso policial, tráfico de drogas…e agora, sen problemas de fame, o que buscan son oportunidades para a xente que nace alí, quere vivir alí e morrer dignamente alí; tal como dí unha canción de Cidinho e Doca, cantante da “Cidade de Deus” (outra favela mal levada o cine) “eu quero ser feliiiiz, poder vivir tranquilamente na favela onde eu nacín…” se ouvides cómo a cantamos os do grupo, daríades gracias por estar lendo isto,jaja.

A grandes rasgos, isto foi Rio, tamén cun concerto nocturno de funky-favela fóra de Rio, mercado de Ipanema, teatro do Oprimido, Cristo Redentor e Pan de Azúcar no atardecer. Unha mezcla tola de sensacións, cores, olores e músicas, que cando nos metimos no autobús cara Espíritu Santo, remexéronse nas nosas cabecinhas durante 7 horas, ata espertar noutro estado, onde conheceremos outra xente, outro clima, outra paisaxe… e onde nos miramos de esgello pra sentir a seguridade de que non é todo un espellismo, que alí hai 5 persoas máis que acreditan todo o sucedido, e que mostran nas suas caras por momentos, as mesmas contadiccións, dúbidas e fascinacións que me roen por dentro.

Bicos e apertas, vémonos manha cual telenovela brasileira (as mellores do mundo, din aquí).


Turmagosto completa

26 de xullo de 2008

Segundo día en São Paulo. O tránsito da megalópole paulista non o puxo fácil, mais no final deu chegado, dunha peza, o que faltaba. A Swissair indeminizou pola demora e a cousa non pasou finalmente dunha anécdota con lectura positiva no aspecto financeiro, aínda que nos supuxo perder un día. Completa por fin, a Turmagosto reuniuse co Joaquim, a Gabriela e a Dulcineia e comezou a definir o programa para as vindeiras semanas. Nos próximos días visitaremos a Escola Nacional Florestan Fernandes e o asentamento Dom Tomás Balduino, ambos nas proximidades de São Paulo. Os destinos posteriores non quedarán definidos ata o martes 29, mais, se non houber mudanzas, dirixirémonos a Paraná, para despois ponher rumbo a Mato Grosso do Sul, Minas Gerais e Río. Agora vamos ver se ceamos nunha churrascaría con aspecto cutre pero arrecendo irresistible, no medio da Avenida São João. Máis nada por hoxe. Haberá que ver ata que punto se reduce a frecuencia das entregas do noso diario de ruta unha vez que nos ponhamos en marcha…

Apertas,


Grupo Xullo; rematando…Episodio I

25 de xullo de 2008

       Boas de novo, benquerido público. Xa na última escrita, rodeado de música brasileira que non me deixaba concentrar, tiven os meus probleminhas para concretar un resumo daqueles díasaquí parecen semanas, semanas que aquí parecen meses. Levamos un tempo sen dar sinais de vida, e non por iso foi un andar máis de vagar nin menos intenso, o contrario. Así que continuarei onde o deixei, dando grosas pinceladas do que fixemos, e prevendo que non me chegará o tempo nin as forzas, deixarei un Episodio II tipo O Retorno do Jedi.

Dende a Escola Nacional, chegamos cheos de ilusións ate Rio de Janeiro (coma sempre durmindo no bús de noite pra chegar ca primeira luz do día) e fixemos o noso primeiro contacto con Copacabana. Alí fixo furor o meu banhador curto (mercado a propósito para pasar inadvertido entre os Cariocas… Vaia Risas nos meus companheiros!!) e días máis tarde Afonso, nunha siesta de relax a beirinha do mar, viuse sorprendido por unha onda que o envolveu, xunto con toalla, libro, libretas, chanclas… tentou salvar o que puido e tomalo con humor coma toda a xente que escachaba mirando para él. Ainda hoxe será noticia nos corrillos de Copacabana e Ipanema.

O noso contacto co MST en Rio foi moi fructífero, e demos cun buscavidas/personaxe chamado Mardonio que nos adentrou polos recunchos de Rio; vimos o teatro do Oprimido de Augusto Boal (que interactua co público e utilízase como método de ensino polo MST) tamén vimos teatro, un grupo do MST que fai teatro con moita carga social, visitamos a asociación dos Sen Teito, contactamos co MAB, conhecimos a favela Roçinha (a máis grande de sudamérica con 300 mil persoas vivindo alí… Sí, todo Vigo alí metido, nunha ladeira empinada…) e por fin tivemos tempo pra nós sós, buscando cada un o seu espacio e a nosa soedade para sedimentar todo o que estábamos a ver.

A verdade é que é moito contraste xunto; é moi dificil asimilar o que ves pola manha en Ipanema, e pola tarde nunha favela, e entender o explendor de Rio xunto ca xente que malvive nas rúas. Encheste de contradiccións e no meu caso afectoume un pouco todo este ambiente, máis ainda sen ter ningún punto de referencia sólido, ningún lugar onde acudir a repousar e que sentira meu, e con tódalas persoas nas que sempre te apoias lonxe. Bueno, isto tamén foi parte da viaxe.

Agora remato porqeu tocaron a campana para comer (e sonn as 11:30!!! horario camponés!!) e hai que respetar os turnos, senón hai cooperaçao non hai transformaçao.

Así que faltan duas entregas, Episodios II e III. Máis o que se animen a escribir meus companheiros.

Até lá e beijos


Chegada no Brasil da Turmagosto

25 de xullo de 2008

Ola a todas e todos,

O grupo de agosto, que este ano se adianta lixeiramente, chegou xa no Brasil. Ou, para ser exactos, parte do grupo de agosto… Parece que o companheiro Borja non bromeaba cando, durante as xornadas de formación, nos contaba diversas peripecias e anécdotas, polo menos curiosas, que lle tinhan acontecido ao longo da súa vida… Pois ben, xa ten unha máis para contar. Como os xaneleiros deste ano xa saben, e en contra do desexado en principio, os da Turmagosto (neoloxismo q acabamos de acunhar inspirados pola ilusión de chegar ao BR e pola pretensión de aforrar tinta e pulsacións dixitais) voamos en voos diferentes por causa de certos problemas coas tarxetas de crédito durante a compra por internet. O voo de Borja, que facía escala en Zúric, deixou ao noso companheiro en terra por causa do overbooking, así que a irrupción estelar da Turmagosto en São Paulo non se completará ata manhá venres 25, día do Apóstolo na Galiza e dos Trabalhadores Rurais no Brasil.

Alén diso, todo marchou ben esta xornada. Reunímonos coa xente da Secretaría Nacional do MST e marcamos para manhá a visita á ocupación dunha sede do Incra. Tamén manhá, cando xa Borja estea en Sao Paulo (se non decide cambialo por Miami, q é onde fai escala o seu novo voo) definiremos o resto do programa para as vindeiras tres semanas. Seguiremos contándovolas, na medida do posible, a través deste blog.

Máis nada por hoxe. Abrazos para todos de dous terzos da Turmagosto desde un ciberlocutorio ao lado da Praza da República de São Paulo.


Escola Nacional

15 de xullo de 2008

      Antes de nada dicirvos que é dificil escribir nestes momentos, cando fóra soa a música en directo dun grupo de Capoeira, que están a ensaiar para manha!!

Indo por partes, na última oportunidade de escribir en internet, íamos cara Apiaí (”río pequeno” na lingua guaraní, dos nativos Tupui-guaraní). Resultou ser unha  experiencia inolvidable en moitos  aspectos.

Este asentamento recente, estaba situado nunha facenda que estaba a destrozar a reserva de Mata Atlántica que queda no Brasil. Nesta zona queda o 8% desta Mata Atlántica de todo o paĩs, con restos do bosque de Araucaria únicos no mundo.

Así o asentamento era como vivir no medio do paraíso, pero claro, sen luz, e algúns asentados ainda tinhan as súas casas tipo “acampamento” de toldos de plástico negro. Algúns foron mudando por madeira e outros iniciaban a construcción de casas de bloque.

Foi moita a ilusión que desprenderon, en cada familia, en cada ollada e en todas as conversas, a emoción estaba presente. Relatos de cómo os ameazaban con escopetas, cómo conseguiron a auga, ver cómo a partir das 6 da tarde que é noite, conviven en armonía á luz das velas… todo creou unha atmósfera especial e fixo moita unión no grupo, durmindo todos xuntinhos con dous amig@os brasileiros, e aproveitando os días dende os primeiros raios de luz.

Neste asentamento sorprendeunos a cantidade de nen@s que había, e a xuventude dos pais. Comimos en concreto nunha casa, que a cocinheira tinha poucos anos máis que minha nai (60 anos) pero na súa casa, convivían 4 xeracións (unha recién nacida) mentres na minha casa hai dúas xeracións. Non é raro ver nais de 15 anos, e pais tamén.

A maneira de facer do MST, tamén facilita isto. Eles informan nas zonas e rexións do Brasil máis desfavorecidas, onde hai pouca educación sexual e moita desestructuración familiar, problemas de drogas etc. alí contactan cos “referentes” desas comunidades, “non os líderes que moitas veces non son os referentes de nada…”, e fan xornadas de información do Movemento, forma de actuación, e pouco a pouco creanse grupos de xente que quere cambiar de vida, probrar a conseguir terra para cultivar, e loitar por ela.

Despois xúntase a xente para a ocupación (sen nadie saber cal será a zona ocupada, por motivos de seguridade) e de seguido ocupase, dependendo do número de familias así serán repartidos os terreos.

Neste asentamento había familias moi pobres, pero chea de ilusión, e ca emoción que transmitían, dicindo que estes foran os mellores anos da súa vida, comprendías o que significaba para eles.

Para min, algo no que non me acostumbro, e que vas conhecendo xente que te enche, ca que conectas en moitas cousas, e as despedidas resultan durísimas, mesmo cando só compartiches un ou dous días con eles, porque cada momento é moi intenso.

Onte collimos o bus dende a fronteira de Sao Paulo co estado de Paraná, viaxamos toda a noite, e hoxe chegamos a media manha a Escola Nacional Florestao Fernandes, do MST, entre Sao Paulo e Rio.

Manha temos prevista unha formación con eles, pero nada máis chegar e despois dunha ducha reparadora, despois de 3 días sen auga quente nin luz, ofreceusenos a posibilidade de participar nun Curso de Interculturalidade, con xente do MST de todo Brasil, e aqui estamos no medio doutra historia ben bonita. Falamos de política social, REforma Agraria, situación en Brasil do Movemento, Amazonía, invasión da cana, soja e eucalipto de todo Brasil (hai fotos que parecen Galicia, todo plantación de eucaliptos!!)…e tamén de alimentos, música, capoeira, e manha con eles, retamos a xente que está todo o ano na Escola a un partido de futbol. Bufff, qué será de nós. Por certo todos insistimos que nós xogamos como equipo mixto, senón nada.

Seguiremos en contacto, e quén sabe se a volta e xa en persoa, poderemos falar e falar, e ver fotos e compartir todo isto.

Bicos e apertas para tod@s


Domingo de praia

14 de xullo de 2008

Baile na furgoneta

O domingo fomos a praia con varias das mulleres da asociacion. O que parecia unha actividade estrela convertiuse nun sacrificio para algunhas de elas. Igual que Ana, Marta e eu, non estan habituadas a estar na praia o mediodia, asi que as queimaduras foron inevitables.
O caminho a praia foi o mellor. A parte de atras da furgoneta na que viaxabamos casi unhas 20 persoas tinha uns bancos nos laterais que deixaban un espazo no medio que aproveitamos para bailar a ritmo de musica marroqui. Estes tres ultimos dias a danza e a musica estiveron moi presentes. Cando quedamos so mulleres e hai musica por medio, e facil que se monte unha pequena festa. O venres na casa de Jamila, despois de xantar couscous estivemos a bailar; o sabado o que ia ser unha clase de baile oriental convertiuse (afortunadamente) novamente nunha festa na que sonou musica de “rai”, musica “chaabi” mais tamen bailamos Shakira pois as rapazas novas tamen lles gusta esa musica.
Hoxe subimos unha foto das actividades que mais gustan: as clases de espanhol. Montse, Raquel Q. e Ana dan clases as persoas sen alfabetizar. Marta e eu facemos clases para a xente alfabetizada. Un especial reconhecemento para as companheiras de Polonia que estan a face un gran traballo e esforzo o dar as clases de espanhol.

Busas kebira (moitos bicos)

Raquel

Publicado na categoría Asociación Attawassoul | Enriba | 2 comentarios »

Apretada Axenda

11 de xullo de 2008

A hospitalidade nesta cidade e entre esta xente è tal que realmente tes que te parar a pensar un anaco si hai ou non oco na tua axenda para ir comer, cear ou pasar à fin de semana à casa de alguèn.
Hoxe venres, dia sagrado no Islam, dia da oracion, comemos todas xuntas o couscous con Yamilah, xa polo seràn con Hamlichi, na sùa casa teremos ocasion de nos deleitar con outra exhibicion desta deliciosa gastronomia especiada e colorida;
Manhà faremos unha sesion de danza coas mulleres de Attawassoul, entusiasmadas coas clases de espanhol (temos cada dia maior audiencia, chegamos a 50!) e cecais achegaremosnos ou à praia ou às grutas de Ulises.
Pola minha parte, a minha nai de acollida, Zahara, quereme levar à casa de seus pais o domingo… què facer? todas as nosas companheiras queren facernos sentir o mellor posible… por iso necesitariamos dias de 38 horas para poder vivir todo isto plenamente e a ritmo tangerien… fervendo sexa dia ou noite, falando, berrando, xesticulando, sen parar, sen durmir, entrando e saindo dun trafico infernal onde os petit e os grand taxis son outro conceito mais de transporte colectivo, atè con 8 persoas dentro, como en colectivo se fan a meirande parte das cousas en Tangier… agàs no tempo adicado à oracion, o espazo de recollemento…
Os pais da minha nai de acollida, Zahara, viven nun povo pertinho de Tangier, a 50 km cara o interior… a eso lle tenho medo… ao despiadado soleil…A calor sube de plus en plus pero os ventos que baten coas mareas do Atlàntico e do Mediterràneo no estreito ventilan esta cidade, a segunda maior do pais, levantando remolinos de area, terra e esparcindo aromas particulares destas terras… das suas especias, dos seus froitos.
Buscaremos esta fin de semana, iso si, un soplo de aire fresco
Besalah
Rqqq


« Páxina anteriorSeguinte páxina »