Seguimos…
11 de xullo de 2008 Boas companheir@s,
Seguimos no asentamento da Facenda Pirituva. Hoxe chega outra companheira vasca, e manha marcha unha rapaza catalana (ARGGG!!! Non!!!! balear…) a xente de aqui flipa que nun terreo do tamanho de Sao Paulo, tenhamos 4 linguas e andemos así cas nosas conhas entre nós. O bó é que o ambiente e moi agradable, sempre alguén tira do grupo e o longo do día perdo a conta das preguntas que facemos entre todos (mira que somos pesaos!!).
Este asentamento está moi organizado, e nós paramos na Escola de Agroecología do MST para o Estado de Sao Paulo, e unha das poucas de todo o movemento. O espíritu da xente é increíble, e cada día remexen en nós dende o primeiro ó último dos habitantes do asentamento. Onte Vao (un home que empezou no ano 84 no primeiro asentamento) narrou estes anos nun resumo emocionante, que case nos acaban por saltar as bágoas. De onde non había nada, alí diante de nós agora hai dúas escolas (unha foi a primeira en escolarizar rapaces dende os 3 anos, en todo Brasil!!) un centro de saúde, unha incipiente fábrica de queixos e yogures a pequena escala… él falaba da loita diaria para conseguir cada victoria, e como agora os seus fillos tenhen todo iso, e todos nós “as portas abertas”.
O grao de emoción non é de extranhar, cando a nosa anfitriona da churrascada de onte, amanhando nos pimentos picantes e axudados por nós lentamente… mencionou de pasada a xente que morreu para acadar isto do que gozan agora; é o seu pasado recente e sintes a dor nas súas verbas o recordalo, e despois ves a ledicia dos meninhos arredor do lume, xogando con nós e facendonos trucos de maxia!! tanta ledicia estoupando, que pensas nos meninhos da rúa que ves de atopar nas estradas da cidade de Sao Paulo, o mesmo tempo que visualizas os nosos pequenos recargando pilas e baterías de consolas, wii… e ves a súa frustación cando tenhen que agardar 8 horas para xogar de novo.
Moitas cousas venhen a mente, e a senhora limpando nos pementos, con ese acento ou sutaque (que cada día nos chega máis adentro), segue falando de socialismo, do puro, do que non ven nos libros, do que se vive cada día. De agroecoloxía, de consonancia ca natureza e rexeite dos venenos convencionais, de cooperativismo… canta sabedoría nesta xente.
Moitas imaxes fican en nós, e moitas conversas e momentos irrepetibles. E remato cunha escrita por alguén, na radio Camponesa do MST (radio que emite nunha frecuencia ilegal por suposto) que soaba así:
“Sempre espero tudo, de un nada…
pois é dahi que temos grandes sorpresas”
Deica
10 de xullo de 2008
Caida libre en Tanxer
10 de xullo de 2008Esta e a segunda vez que intentamos escreber no blog. Esperamos conseguir levar a cabo a tarefa con exito. Intenteino no word, pero o de escreber de dereita a esquerda despistame moito ![]()
A expresion caida libre ten que ver co contraste que nos supuxo chegar aqui. Non aterramos, caimos. Dende o primeiro momento vimonos sumerxidas noutra atmosfera. No aeroporto collimos un taxi no que entramos 6 persoas (o taxista tamen conta), coas respectivas mochilas. Isto ten sentido para persoas que coma nos, tenhen alma de feirantas e buscan o barato, porque confortable, confortable non e. Ademais a calor non e un factor que xogue a favor.
Pouco a pouco fomos adentrandonos na cidade, nese amarelo ocre no que se move un constante, bullicioso e caotico trafico. Na estrada e donde vimos por primeira vez unha enorme foto do monarca de Marrocos a modo de panel publicitario; retrato que encontrariamos moitas mais veces en diferentes lugares.
O responsable de Attawassoul nos recibiu xunto con outras persoas da asociacion, entre elas parte das mulleres con quen nos iamos hospedar. O reparto fixose pola afinidade que habia coa idade. Dende o primeiro momento todas tentamos aprender arabe, pero isto como din por aqui vai “chwya chwya” (pouco a pouco).
Eu estou con unha muller maravillosa chamada Sabah e coa sua companheira de cuarto Nezha. Non sei se serei subxetiva pero a minha percepcion e que son duas mulleres moi intelixentes, guapas e moi valentes. Tenhen unha vision da vida un pouco diferente a que parece ser a maioria das mulleres de aqui. Querer disfrutar de mais liberdade e un xesto de coraxe. Aqui como en moitas partes do mundo e preciso ter valor para atreverse a ser diferente. Ademais, elas son a proba de que a retranca non e so galega.
Estes dias estivemos a traballar moito. Polas manhas facemos actividades cos nenos e nenas do barrio convertendo a asociacion nunha pequena ludoteca durante unhas horas. E pola tarde durante hora e media damos clases de espanhol. Temos duas clases: unha para xente que conhece o alfabeto espanhol, e outra para xente que o desconhece. Diariamente temos reunions nas que falamos sobre como vamos a organizar as actividades e as clases. A parte do traballo en Attawassoul, tamen visitamos outras asociacions que traballan no social na cidade.
Como e obvio tamen falamos das cousas que nos sorprenden da vida cotidia aqui en Tanxer: os regateos diarios cos taxistas, a costume de andar polo medio da estrada en vez de andar pola beirarua (descubrimos que e o mellor dado que case todas estan levantadas e en obras), a familiaridade e carinho da xente que nos acolle, o gusto e a costume de compartir constantemente os espazos (na casa todos os espazos parecen ser comuns) nas casas de familia, o feito de ter constantemente a television acesa (incluso mentres se durme), etc.
Suponho que unha das cousas mais impresionantes e o feito de que pese non compartir lingua as persoas chegamonos a entender e conseguimos sentirnos moi perto unhas das outras.
Manha, pode que mais…
Bsalama (chao)
Trotamundeando
10 de xullo de 2008Saímos por fin de Sao Paulo, quedamos cos nosos contactos no KM 314 e medio dunha estrada cara o sudoeste de Sao Paulo (segunda cidade máis grande do Mundo con 21 millons de persoas, eu non vin a ninguén repetido…).
No noso grupo venhen con nós, Maitane do País Vasco, que é Educadora de interculturalidade e xénero, e Bea das Illas Baleares e profesora de Bioloxía en Barcelona. Ademais estamos Imma, veterinaria que traballa en saúde pública, Afonso que é mestre de lingua e literatura, Leticia vecinha de Santiago e Educadora tamén, e eu que fago Educación Ambiental cando podo e me deixan.
Baixamos do omnibus de noite nun punto quilométrico (o motorista ou condutor, buseiro de toda a vida… xa nos quería deixar nunha cidade no medio do estado de Sao Paulo, pero gracias a unha revisora todo saíu ben, por fin!!)
Agora estamos no que era a Facenda de Pirituva, orixinaria de Holandeses e tomada polo MST no ano 84. TEnhen radio Camponesa na cal xa falamos os membros do grupo, amosamos a musica galega (Dios!! qué forte escoitar a Lamatumba na radio, e despois con Carlos Núnhez en vivo dende Castrelos, presentarnos a esta audiencia co corazón nun punho, jaja).
E moitas máis cousas, pero internet e escaso e moita xente precisa de conectarse, e hai moito que facer no día a día, dannos moita formación do seu movemento, das súas ideas, da súa maneira de sentir e vivir… e dannos voltas as nosas cabecinhas.
Adiantar que estamos a preparar unha orinha de teatro e xa vos contaremos!!
Deica e bicos!!
Para ver ben o Blog
9 de xullo de 2008Visto que por máis voltas que lle deamos non hai xeito de subir unha imaxe e que se vexa ben no explorer, recomendamos a toda aquela que o queira ver en condicións e ademais utilizar ferramentas de sofware libre, entre a través do Firefox.
Se todavía non o tes podes baixalo en http://www.mozilla-europe.org/es/firefox…
Grupo MST
7 de xullo de 2008Chegamos cos mínimos incidentes posibles, de noite pecha as 18 da tarde sen sono, e con ganas de conhecer Sao Paulo cun golpe de vista, cousa dificil.
Estamos moi ilusionados e con ganas de contactar manhan con Joaquim, para ir planificando o que será a nosa convivencia co MST nas vindeiras 3 semanas, que prometen ser moi intensas.
Despedímonos aquí, e seguiremos narrando para os vosos ouvidos, pegando letras nos muros deste blog (primeiro contacto para algún de nós, neste formato da tecnoloxía escrita) e aspirando a plasmar o mellor posible a nosa experiencia, pegada tras pegada, na inmensidade braileira.
Unha aposta por Tánxer
3 de xullo de 2008A só uns días de emprender a nosa viaxe cara a Tánxer, capital do norde no reino alauí, as cinco participantes desta edición do Xanela Aberta ao Sur estamos entusiasmadas coa idea de coñecer unha realidade nova, tan pertiña e tan lonxana á vez, tan veciña como allea, tan absorvida por ese maremagnun de culturas, falas e historias comúns, dificultades e loitas cotiás… un maremagnun que convirte á cidade na única de África na que pola mañán bañaste nas ondas do Atlántico e polo serán nas do Mediterráneo.
Nesta nova viaxe á Tanxer, as cinco mulleres do grupo de Amarante que viaxamos para coñecer a realidade das mulleres da Asociación Attawassoul (tres galegas e dúas polacas) constituimos un grupo multidisciplinar de estudos cos que nos achegar á realidade da muller marroquí, procedente do rural e empregada nos talleres do téxtil de Tánxer, zona franca.
Anna, polaca de procedencia, de 25 anos, é licenciada en psicoloxía, de igual xeito que Marta, tamén polaca, de 22 anos. Raquel B, da Coruña, é traballadora social, está a se licenciar en Socioloxía e ademáis é monitora de Tempo Libre. Montse, de Vigo, mestra de danza e licenciada en Socioloxía e Raquel Q. de Compostela e licenciada en Ciencias Políticas.
Ao longo destes días, mentras dure a nosa estadía en Tánxer irémosvos contando as nosas experiencias e vivencias coas mulleres da Asociación e de outras das que, (por ficar amordazadas nun sistema dictatorial que ocupa o posto 125 no ráking do Indice de Desenvolvemento Humano do PNUD) seremos voceiras.
Unídevos a facer comentarios neste blog como nos dos compañeiros/as dos grupos de Brasil e Ecuador.
Unha aperta!
Raquel Q.
