Xanela Aberta ao Sur
XANELA ABERTA AO SUR é un dos proxectos que desenvolve a Asociación AMARANTE Setem, na procura de unha maior implicación da sociedade nos procesos de cambio.
O “XANELA” consiste na formación de grupos que posteriormente viaxan a países do Sur para coñecer organizacións coas que AMARANTE Setem matén un traballo de colaboración, co fin de arrincar estereotipos das nosas mentalidades e de reforzar as relacións entre o Sur e o Norte.
As organizacións que se visitan son:
Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST). Brasil
O Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra ten nos seus principios tres grandes obxectivos polos que loita:
- Reparto Igualitario da Terra
- Reforma Agraria
- Transformación Social
Fundación Maquita Cushunchic Comercializando como Hermanos (MCCH). Ecuador
As liñas de acción do MCCH agrúpanse en catro áreas:
- Proxectos de Desenvolvemento Social
- Programas de Formación
- Programas de influencia social
- Empresas sociais
O papel do MCCH é coñecido en toda América Latina ao ser a organización impulsora da Rede Latinoamericana de Comercio Comunitario (RELACC) que agrupa a organizacións de 13 países latinoamericanos.
Asociación Attawassoul. Marrocos
Dentro das actividades de ATTAWASSOUL tres son as fundamentais:
- Defensa das condicións laborais das traballadoras
- Traballo de Alfabetización
- Traballo de lecer e formación